Jef72 escribió: |
Porque diso precisamente me privaron, de auga, nada máis entrar en meta na proba nocturna de onte pola tarde; ¿ o motivo ? : non levar posto o dorsal. O regulamento para adultos di claramente no punto 4 que" o atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ó avituallamento final"; ata ahí todo correcto, supoño. Hora oficial de saída da proba: 18:40... como de costume, e non foi o peor día, máis de 20' de retraso. Distancia oficial: 4000 m... outra vez máis ( e xa van!!! ) mal medida. Comparecer na posición de saída 10' antes do comezo da proba... complicado cando nin coñeces a hora real da mesma e non aplicable a tódolos participantes, somentes para os populares de verdade que nada se xogan. Obrigatoriedade de manterse detrás da liña/cinta/valla de saída para dar comezo á proba... rir por non chorar. Seguramente se fora un dos " amiguetes " dos que organizan ( sí, un deses que pode quentar e estirar ata o derradeiro minuto e colocarse onde lle ven en gana , que para iso terá un bo sitio gardado, mentres os demáis agardamos 10/15' parados baixo a choiva, mollados e aterecidos como ovellas ) non tería problemas en coller unha simple auga logo do esforzo feito... o meu dorsal é o 745, por se algún da (des) organización me quere " pillar a matrícula". Sen proba non fan falla corredores... PERO SEN NOS TAMPOUCO HAI PROBA. |
Javier_1 escribió: |
Está bien que comentes los problemas que observaste en la carrera para que la organización los tenga en cuenta para sucesivas pruebas, es la manera de mejorar, si todos hiciésemos igual en Ayuntamientos y gobierno otro gallo cantaría... todo por escrito claro. |