Foros ›
VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Xan 2014, 22:21
Asunto: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:
7ª ANDAINA "BISBARRA DO SAR"
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado, 29 de Marzo de 2014

INTRODUCCIÓN

Dende a 1ª Andaina de 50 km celebrada en Galiza (Allariz, 1998) ata a derradeira (Riveira, 2013) nunca xamais ningunha rematou no punto mais alto do percorrido.

Este ano, a organización da Andaina Bisbarra do Sar rompe coa tradición, e posibilita que a 95 andaina galega de 50 km, poida rematar no Miradoiro do Meda (452 m).

Despois de acadar os 2 primeiros aneis (42,5 km), iniciarase o derradeiro tramo (7,5 km) ata chegar ao cumio do monte Meda. Subirase polo treito mais curto e duro (os derradeiros 3 quilómetros son varios cortalumes seguidos, de terreo irregular e con ramplas sobre o 25%), que poden chegar a supoñer un calvario para os participantes que opten por esta opción. É polo que a organización ofrece a posibilidade de rematar os 50 km (3º anel) ao longo do río Sar, por un terreo chan de mínima dificultade.

No diploma acreditativo non se distinguirán estas opcións.

O retorno (andaregos e corredores), dos que decidan rematar a proba no cumio, será en coches e furgonetas, mentres os ciclistas BTT terán que achegarse a "zona cero" (chaira do Souto- xunto as pulpeiras) polo que percorrerán preto de 60 km.

Para facilitar unha axeitada organización da proba, a hora máxima establecida para poder iniciar a subida do 3 ª tramo serán as 17:00. ( Km. 46)

Dependendo da meteoroloxía, a organización gárdase o dereito de poder suspender dita subida.

Avisadas/os quedades: os que decidades rematar no cumio do Monte Meda, non esqueceredes os derradeiros 3 km desta edición en moito tempo.

Mais información en www.andainabisbarradosar.com
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Xan 2014, 22:22
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:
CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 3 aneis (27,5+15+7,5), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON) de 8:00 a 8:45

A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.

COMO FACER A PROBA

A organización posibilita facer o percorrido de 3 formas diferentes:
A/ Camiñando: Haberá retencións nos controis. Entre 7:45 e 11:45 horas
* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2014”.

(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2014)

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.

* Descualificaranse aos que corran ou troten na modalidade camiñando.

B/ Sen retencións: Non serán detidos nos controis. Tempo máximo: 6:30 h.
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no km: 27,5: De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
C/ Mountain bike (BTT): Non haberá retencións. Tempo máximo: 5:00 h.

* No modo “sen retencións” e “BTT” haberá un tope de 150 prazas (75+75), sendo as 350 restantes para os inscritos en “camiñando”.
* A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” e “BTT” no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.

U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Xan 2014, 22:22
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Cita:
PARTICIPANTES

* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. A saída será as 9:00

* Como os primeiros 700 metros non teñen fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.

* Aqueles que só queiran facer o 2 e 3 anel deberán recoller os dorsais entre as 13:30 e as 13:45. A saída será as 14:00.

* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: tfno. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.

* Aos participantes en BTT , poderíase darlle ca entrega do dorsal unha bolsa de avituallamento.

* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.

* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.

* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.

* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

* Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.

* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.

* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.

* Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

* A listaxe oficial farase a medida que os pre-inscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 10 días, logo cada 5.

* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. No caso dos participantes na modalidade de BTT, só en situación de accidente, recolleranse as bicicletas nos puntos anteriores (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas e xa foran evacuados tódolos participantes)


LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1031 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Xan 2014, 8:14
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Boas, eu estaría interesado na modalidade sen retencións, pero sería a primeira vez que participo nunha andaina.
Teño participado en trails, entón as miñas preguntas son:
-Haí moito desnivel acumulado, salvo o último tramo.
-Que tipo de calzado se soe levar (para trail, asfalto,....).
-Haí moito tramo de asfalto.
Un saudo.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Xan 2014, 9:35
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Asfalto 4 ó 5 Km
Desnivel + acumulado: 1.158 M
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1031 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Xan 2014, 11:32
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

OK.
Gracias.
1982cx

Novo foreiro
Novo foreiro
27/01/14
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Xan 2014, 22:14
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Perdón si no va aquí bien este mensaje, pero en que consiste una andaina, es carrera? Sólo cuenta terminar? o hay que ir pasando por los controles a una horas? Es que me interesa pero la verdad es que nunca supe como funcionaba el reglamento, pero igual me animo.

Saludos!
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Mensaxes
redondela
Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 19:18
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

LAS ANDAINAS COMO SU NOMBRE DICE ES ANDAR CADA UNO A SU NIVEL FISICO Y MORAL. PERO NO SOLO CUENTA TERMINAR PARA ESO HAY BUCLES DE DIFERENTES KM PARA QUE LA GENTE COMIENZE POCO A POCO ,EN QUE ES RECOMENDABLE ACUDIR UN POCO PREPARADO .LO DE LOS CONTROLES ES NORMAL PONER UNAS DETERMINADAS HORAS POR QUE SI NO PODIA SER UN CAOS Y UN DESCONTROL PARA LA ORGANIZACION Y CON ESTOS PASOS DE TIEMPO TIENEN CONTROLADA A LA GENTE ,SIEMPRE UN MINIMO Y MAXIMO DE TIEMPO EN CADA UNO.PERO ANIMO QUE ESTO ES UNA FIESTA ,CONOCER GENTE, DISFRUTAR DE LOS PAISAJES, Y NOSOTROS A COMPETIR ENTRE COMILLAS A LOS 50 KM .PERO LO DICHO ANIMO Y SOBRE TODO CON EL PENSAMIENTO DE PASARLO BIEN CADA UNO A SU RITMO .SALUDIÑOS.
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Mensaxes
redondela
Respostar citando Envío Ven, 31 Xan 2014, 19:20
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

EL REGLAMENTO LO PONEN LAS ORGANIZACIONES FIJATE EN LA DE BISBARRA DO SAR EN EL ENLACE Y HAY TIENES INFORMACION
1982cx

Novo foreiro
Novo foreiro
27/01/14
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Feb 2014, 21:24
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Gracias rande
nopudoser

Montañés
Montañés
18/07/08
123 Carreiras
295 Mensaxes
walden-trez
Respostar citando Envío Mar, 11 Feb 2014, 14:29
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

inscrito para modalidade sen retencións, despois do bo trato do ano pasado hai que repetir!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 12 Feb 2014, 19:06
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

xa fixen esta "andaina" camiñando,sin retencions, e en BTT.

este ano toca repetir en sin retencions.

para os que coñecen o percorrido.
aparte de Meda imos subir algo "importante"??

Cabana,Treito,cortalumes do Santiaguiño... ??
espadana

Montañés
Montañés
9/05/10
0 Carreiras
489 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mar 2014, 23:45
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

Yo estaria interesado en la modalidad camiñando,no me entero mucho de como va, me lio un poco en eso de el tiempo maximo y minimo de los controles, como es?
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 03 Mar 2014, 22:43
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

espadana escribió:
Yo estaria interesado en la modalidad camiñando,no me entero mucho de como va, me lio un poco en eso de el tiempo maximo y minimo de los controles, como es?

Si vas caminando no tienes problemas de máximos y mínimos.A no ser que camines ultrarápido,lo cual si serás retenido.Pero creo que no es tu caso. Guiño
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mar, 04 Mar 2014, 16:24
Asunto: Re: VII Andaina Bisbarra do Sar. Concellos de Padrón e Rois

espadana escribió:
Yo estaria interesado en la modalidad camiñando,no me entero mucho de como va, me lio un poco en eso de el tiempo maximo y minimo de los controles, como es?
para ir pasado e que te reteñan nos controles tes que camiñar a un ritmo casi de trote que destroza as caderas,o cal pide estar moi afeito a tiradas largas.
si ese non e o teu caso non tes problema,simplemente camiñas o teu aire e punto.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos