Mar, 01 Mai 2007, 1:00
Asunto:
En primeiro lugar darlle a máis rotunda enhoraboa aos organizadores e colaborardores desta magnífica carreira polo traballo, o esforzo, o percorrido, a idea de base da carreira, a amabilidade, o ambiente, a bolsa do corredor super completa, as bebidas e froita do final, eu que sei... por todo.
En segundo lugar darlles a enhoraboa aos nosos campeóns
Afiador,
Avilesina (coa que tiven ocasión de falar a carón das sardiñas), e
Andrea coa que os meus fillos pasárono como o que son... uns ananos
![Demo sorrindo Demo sorrindo](images/smiles/icon_twisted.gif)
dende o venres á noite ata o domingo despois da carreira.
En terceiro lugar agradecer os agradecementos de diversos foreir@s. Eu son así (a pesares de que ás veces teño raiolas de moi mala baba... e que tamén son humano
![Demo sorrindo Demo sorrindo](images/smiles/icon_twisted.gif)
) e góstame atender e animar a quen coido que o necesita, presentar a foreir@s nov@s a outr@s xa coñecid@s... no fondo gostaríame ter sido "
Public Relations"
![Avergoñado Avergoñado](images/smiles/icon_redface.gif)
En fin que, aproveito para decirlle a algunha que non se presentou que xa pode facelo en Vilagarcía. Por certo, penso que xa te teño fichada, porque falamos máis dunha vez ¿nonsí
Supercoco? ¿Non estirei ó teu carón mentres falabas con
Avilesina? ¿Non falei contigo sobre que xa correras en Padrón?... en fin... non nos teñas medo que, como ves, non mordemos
Para rematar minicrónica (polo que respecto das miñas se refire, claro). Chegada o venres á tardiña ao Hotel Rural A Teixoeira (un lugar fermoso e tranquilo con moi bó trato, por certo) dez minutos antes que a familia de
Aguita.... Salto no tempo ata o domingo á mañan... Chegada ao parking (nun campo de futbol en moi bó estado
![Mr. Green Mr. Green](images/smiles/icon_mrgreen.gif)
) e saúdo xa a
Admin e moza... paseo a recoller o dorsal e a bolsa de corredor e saudos a unha enchenta de foreir@s e "
packs"
![Demo sorrindo Demo sorrindo](images/smiles/icon_twisted.gif)
(unha magoa que non correra ó final
![Triste Triste](images/smiles/icon_sad.gif)
e visto o visto ). Carreira dos pequenos e foto de grupo diante da Casa do Alemán (non facía falta que o dixera ¿eh?)... e entrega de trofeos algo problemática (houbo que corrixir algunha clasificación) que fixo que a nosa carreira se retrasara (coido que é o único fallo que atopei na organización... e mira que os busquei
![Demo sorrindo Demo sorrindo](images/smiles/icon_twisted.gif)
). Saída orixinal onde as haxa "A la de una, a la de dos, a la de tres...
![Abraiado Abraiado](images/smiles/icon_eek.gif)
... ¿onde está o clásico "
En sus marcas. Preparados, listos...¡¡¡YA!!!"?... é unha coña... e outra posibilidade.
Carreira:
Km 1 en 4' 27'' ... un pouco forte para min, pero como a carreira saíu lanzada e eu teño tendencia a deixarme levar
Km 2 en 4' 20'' ... porque era cara abaixo e levaba bóa compaña.
Km 3 en 5' 08'' ... porque xa empecei a racionalizar que a eses ritmos estouparía na area (que xa recoñecera a tarde anterior en compañía de
Aguita... hei de confesalo... como fixo tamén o gañador ¡¡eh!! e fixera meses antes o colega
Lestrove ¿nonsí?
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
)
Km 4 en 5'30'' porque colle o tramo "en fila india" onde non puiden pasar a dous corredores e iso me freou un pouco e colle algo dos case 500 m. de area.
Km 5 en 6'21'' porque colle uns 400 m. de area e a primeira costa... que tampouco era manca (alomenos para min) así que ahí pasoume
Morangui que ten un corazón menos maltratado que o meu... eu enténdo o que quero dicir e algún máis que me coñece tamén
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
)
Km 6 en 5'38'' porque colle a costa dos "
adoquins do carallo (vai por ti,
Lentoperosejuro) e o tramo que me costou recuperar un ritmo cardíaco medianamente razoable (sobre todo tendo en conta que me puxen en 182 ppm)
Km 7 en 4'45'' porque colleu baixada e queríame gardar para o sprint final
Derradeiros metros case sempre a ritmo de 4'17'' salvo o derradeiro golpe de efecto a 2'51'' para adiantar a un corredor que me pasara despois dos putos adoquins... e iso non o esquezo non... como fai
Lestrove. O caso é que rematei con 187 ppm unha carreira na que desfrutei dende o primeiro ata o derradeiro metro.
Charlas varias, agua, mazá e zume, estiramentos a carón da gañadora sen saber que fora ela e sen saber que era
Avilesina... aplausos merecidos a
Ojordo e á súa demostración de valentía e pundonor (¡¡¡que xa quixeran para sí moitos "
deportistas profesionais dalgunha selección nacional deste país"
![Demo Demo](images/smiles/icon_evil.gif)
)
Como tiña habitación ata hoxe decidín deixar a miña ración de auga quente do pavillón para outros que seguramente non adoitan atopala noutras carreiras
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
. Problemas diversos cos rapaces e xa marcaban as 13:40 cando saímos do hotel así que directos ó porto en vez de ver a entrega de premios e o sorteo, así que non me puiden despedir de case ninguén. Porto, sardiñas das dúas primeiras parrillas, vaso de viño tinto e a comer. O rapaz pequeno ou comía ou durmía, que a esas horas xa cae mortiño o pobre, e deixamos sen saudar a moita xente moi a pesares noso... outra vez será
¡¡¡Ata Vilagarcía!!!