Xov, 30 Xan 2014, 19:07
Asunto: Re: IV Carreira do Cocido de Lalín (16/02/2014)
Xa estamos ca eterna polémica dos prezos. A cousa é moi sinxela, o que poida e queira, vai ir, e o que non pois non. Parece que o caso é criticar, se a proba non se fixese, criticaríase que non se faga, etc....., e se a proba se fai critícase o prezo.
Eu vou ir, por uns motivos moi sinxelos, encántame correr, quédame pretiño, levo sen competir dende a pedestre de Santiago, e prefiro correr eses 10 km. no medio dun bo número de xente, que quedar a correr en soidade como fago habitualmente.
Salvo lesión, alí estarei.