Xov, 03 Abr 2014, 22:33
Asunto: Re: III Andaina Solidaria Xunqueira De Espadañedo
III ANDAINA SOLIDARIA XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO 15-06-2014
A FAVOR DA ASOCIACION “DUCHENNE PARENT PROJECT ESPAÑA’’
INSCRIPIÓNS
PREZO 7 EUROS (5 EUROS DOANSE A ASOCIACION “DUCHENNE PARENT PROJECT ESPAÑA’’)
• Presencial: no bar mosteiro ou no bar o muiño (ata o dia 14-06-2014).
• Na conta: 2080 0416 69 3000052991 NOVAGALICIA BANCO (ata o dia 12-06-2014)
Faguer constar en concepto de pago: nome e apelidos de cada participante inscripto.
Entregar o extracto de ingreso ao recoller o dorsal o dia da andaina.
Todos aqueles que realicen a inscripción antes do 12/06/2014 terán un agasallo.
ENTREGA DE DORSAIS
• Os que se anoten de maneira presencial no bar mosteiro ou bar o muiño daráselle o dorsal no acto
• Os que se anoten a través de ingreso bancario recollerán o dorsal o mesmo día da andaina no horario de 8:00 a 8:45 da maña, no campo de futbol de Xunqueira De Espadañedo.
• A andaina comenzara as 9:00.
ITINIRERARIO
• Longo 23 km (dificultade media-alta), 784 m desnivel positivo, punto mais alto 1154 m
• Curto 9,4 km (dificultade baixa), 259 m desnivel positivo, punto mais alto 778 m
Darase un máximo de 5:30h para acabar a andaina longa.
AVITUALLAMIENTO
Andaina longa:
• km 4,7 líquido
• km 9,5 líquido y sólido
• km 14,2 líquido
• Meta líquido y sólido
Andaina curta:
• km 4,7 Líquido
• Meta líquido y solido
ROTEIRO
• Andaina longa: Xunqueira, O Mato, As Devesas, ponte Niñodaguia, Vilariño, As Devesas, O Rosedo, A Telleira, O Eirado, Cacharrequille, O Barrio, As Corgas, A Graña, Cortiñas, Reboreda y Xunqueira
• Andaina corta: Xunqueira, O Mato, As Devesas, ponte Niñodaguia, Vilariño, A Caseta, O Barrio, As Corgas, A Graña, Xunqueira
• No avituallamiento do kilometro 4,7 esta situada a bifurcación das duas andainas.
• O trazado esta sinalado con marcas fosforescentes no asfalto e cintas brancas e vermellas ó longo do percorrido.
MEDIO AMBIENTE
• A organización solicita encarecidamente que se manteña o trazado do percorrido limpo de desperdicios (envoltorios de geles, barritas, plásticos, papéis….).
• Estaremos nun espacio natural e para poder seguir disfrutando del somos nos os que debemos de velar pola súa conservación.
• A organización velara de forma muy especial polo cumplimento deste apartado. Chegado o caso procederase á descalificación do infractor.
REGULAMENTO
• Por ter carácter meramente deportivo e solidario,esta andaina non haberá premios.
• Ó término da andaina haberá varios sorteos de agasallos, entre todolos andaríns, conserven o seu dorsal.
• Contaremos coa colaboración de persoal da cruz vermella..
• A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación na Andaina, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso.
• Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
• A organización resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio.
• Recoméndase roupa e calzado deportivo.
• Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
• O feito de facer a inscrición conleva que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.
• A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba.
• En caso de forza maior podería suspender a proba.
• A participación conleva a total aceptación deste Regulamento.
• Todo camiñante, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que poderan suscitarse para a seguridade ou comportamento cívico dos participantes.
ORGANIZA
ASOCIACION DEPORTIVA E CULTURA ESPADANEDO
COLABORAN
CD ESPADANA
CRUZ VERMELLA MACEDA
ASOCIACION “DUCHENNE PARENT PROJECT ESPAÑA´´
VIAJES PARDO S.A
SUPERMERCADOS GADIS
BAR O MUIñO
BAR MOSTEIRO
MODA INFANTIL DULCINEA
RESTAURANTE O GALIñEIRO
FRUTERIAS OLIVIA
Telf. Información: 620465838 – Javi