Mér, 05 Feb 2014, 18:23
Asunto: Non ao negocio nas Carreiras Populares
Boas tardes, quero compartir un escrito do meu adestrador dedicado ao negocio que estase creando coas carreiras populares, nestes ultimos anos. Espero que podades perder un par de minutos pra leer este escrito. É só unha opinión e que algúns podades estar dacordo e outros non tanto.
Un sáudo.
Non ao negocio nas Carreiras Populares.
Como entrenador dos atletas do Clube de Atletismo Narón Sergio Piñón, Santi García, Adrian Bouza, Carlos Piñeiro, o pentatleta de alto nível Cristóbal Rodríguez, Andrés Piñón e en anos anteriores numerosos atletas da nosa Comarca, quero dar a miña opinión sobre o cobro aos atletas federados nas Carreiras Populares e ata nos Campeonatos de España e que, como noutras ocasións, dende a Federación e os estamentos que a forman aproben e den por bó que os atletas teñan que pagar por competir nas Carreiras Populares cando non teñen un fin solidario a favor dalgunha ONG, que por suposto ten que ser así, pero non co ánimo de privatizar o noso deporte, o atletismo, e que os organizadores: Concellos, Deputacións, etc. entren no afán recaudatorio sen máis.
Alégrame a proliferación prácticamente todos os fins de semana de Carreiras Populares porque beneficia dende o punto de vista da saúde a unha ampla maioría da poboación e se enchen as rúas de practicantes dunha actividade física sinxela como é correr e iso só o consegue o atletismo.
Recordar que as institucións mencionadas reciben xa de todos os cidadáns impostos para organizar e asumir os gastos dos eventos e que os atletas federados xa pagan a súa ficha, seguro, etc e paréceme impresentable que se lles faga pagar un imposto máis. Comparándolo con outro deporte é como si o que xoga ao fútbol o día do partido ten que pagar por xogar.
Na nosa Comarca están anunciando para maio unha media maratón, un circuito de cross, no que os atletas terían que pagar unha inscripción de entre oito e dez euros e que me parece un verdadeiro atraco. Aos organicadores dirialles que vexan como organizan os crosses no País Vasco, pois máis do 80% do presuposto consígueno coa aportación da iniciativa privada, como o de Elgoibar, e non a costa dos atletas, e ata os espectadores pagan por ver a competición, como no futbol.
Para finalizar destacar que os atletas cada vez reciben menos axudas co argumento da crisis: becas, patrocinios etc. e dende aquí fago un chamamento aos organizadores (que debían pagarlles por correr, pois dedican moitas horas e días de sacrificio entrenando sen apenas ningunha compensación) que paren esta privatización do noso deporte e que valoren aos verdadeiros protagonistas que son os atletas, os que dan espectáculo.
Dende a miña postura tratarei de indicarlles que acudas só as competicións nas que sexan valorados e se recoñeza o seu esforzo, tanto económicamente como con material deportivo, etc. e non ás que teñan que pagar eles por correr.
Marcelo Rodríguez Serantes, Narón 4 de febreiro do 2014