Lun, 10 Feb 2014, 18:08
Asunto: Trail das Furnas-Xuño-Porto do Son (16/3/2014)
Día: 16 de Marzo de 2014
Hora: 10:00 h.
Distancia: 12,5 km.
Saída e chegada: Camping Fraga Balada - Xuño - Porto do Son (A Coruña)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 10 de febreiro ao 10 de marzo)
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial:
www.arousa.com
E-mail: contacto @ arousa.com
-----------------------------------------PRESENTACIÓN------------------------------------------
Furna: Gran cavidade natural aberta nas penas e rochas, sobre todo a producida pola acción do mar.
Esta é a definición que lle da o dicionario da Real Academia Galega a palabra "Furna". En Porto do Son, na parroquia de Xuño podemos atopar unha praia con varias furnas, un paixase único no que a bravura do mar ronca contra as rochas, e a escuma lanzada polo vento inunda o areal.
E ca marea baixa o espectáculo ainda é máis sobrecolledor polo relaxante batir das olas morrendo nunha gran planicie de fina area. Esa paisaxe é a que seduxo a Amenabar para rodar a película Mar Adentro sobre a vida dun dos veciños máis universais de Xuño.
Si a esa praia lle sumamos uns tramos de percorrido polas lagoas de Xuño e Seráns, e unha ponte medieval sobre o Rio Sieira (a que ilustra o cartel), a garantía de disfrutar dunha carreira independientemente do ritmo e competición que se queira marcar cada atleta, está mais que garantizada.
O perfil no é impresionante polo desnivel, pero ás veces correr pola area é tanto ou máis duro que enfrontarse a unha pendiente.