Ven, 14 Feb 2014, 17:41
Asunto: Re: 9 de marzo: II Campo a Través pola Integración - A Guarda
sanxerome.com/web/nova...-a-traves/
Publicado Por S.Xerome a 12 -Feb-2014 en Novas
Debido a climatoloxía adversa nestas últimas semanas, e o impacto que tivo sobre o estado do Circuito, tivemos que aprazar sucesivamente as duas Competicións de Campo a través previstas para o 9 e 15 de Febreiro no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda).
Agardamos unha melloría no tempo na próxima semana, coa conseguinte melloría no estado do Circuito.
Pendentes polo tanto da climatoloxía, trasladamos o Campionato galego de campo a través para persoas con discapacidade (FEGADDI) , e o Campionato provincial de campo a través do programa XOGADE para o sábado 22 de Febreiro a partir das 10 da mañán. Será a primeira ocasión na que se celebre de xeito conxunto un Campionato galego e provincial con deportistas con e sen discapacidade no mesmo Circuito.
O II campo a través pola integración, para o que xa se superaron as 200 inscripcións, posponse para o domingo 9 de marzo, a partir das 10 h. O Regulamento e o Circuito é o xa previsto para o pasado 9 de febreiro (pódese revisar na web:
www.sanxerome.com ). As inscripción (enviando os datos a: correo @ sanxerome.com) permanecerán abertas ata o martes 4 de marzo
As competicións estarán organizadas pola FEGADDI, o Club deportivo S. Xerome, e a S.A. do Trega, e contan coa colaboración da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, da Deputación provincial de Pontevedra, dos Concellos da Guarda e do Rosal, do Cámping Santa Tecla, de Eurobanan e Agua Sana.