Mér, 19 Feb 2014, 13:07
Asunto: Re: III CROSS BERNARDO ALMUIÑA 16/03/2014
iiI CROSS BERNARDO ALMUíÑA
1º) A Sociedad Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán, organizan o próximo día 16 de marzo de 2014 o III Cross Bernardo Almuíña de atletismo en Monteferro, Panxón-Nigran.
2º) O horario de saída das carreiras e distancias aproximadas son as seguintes:
11:00 Cadetes Femininos/Masculinos 1999/2000 3.000 m 3 voltas cir B
11:15 Infantís Femininos/Masculinos 2001/2002 2.000 m 2 voltas cir B
11:30 Alevíns Femininos/Masculinos 2003/2004 1.000 m 1 volta cir B
11:45 Benxamíns Femininos/Masculinos 2005/2006 500 m 1 volta cir C
12:00 Carreira Absoluta Femininos/Masculinos 1997 e anteriores 6.000 m 1 cir C + 4 cir A
12:50 Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 2007/2008 300 m 1 volta cir D
13:00 Pitufos Femininos/Masculinos 2009/2010 100 m 1 volta cir E
13:15 ENTREGA DE PREMIOS
3º) Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
4º) As inscricións deberán efectuarse preferiblemente a través do e-mail da Sociedad Atletica Val Miñor: savalminor @ hotmail.com, indicando os seguintes datos:
Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.
Tamén poderán inscribirse en:
• Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
• Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa-Nigran (Serviocio), Tlf: 986.353.677.
A inscrición para a carreira absoluta terá un custe de 5 € que deberá aboar no momento de retirar o dorsal.
5º) O prazo de inscrición remata cos primeiros 400 participantes que teñan feito o ingreso e nunca mais tarde do día 12 de marzo de 2014 as 20 h., a organización será rigorosa co período de peche das inscricións. Farase publico na web do clube
atletismovalmiñor.com/ cando se chegue o número indicado de inscricións.
6º) Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
7º) O Circuíto será de cross e discorrera polos arredores de Monteferro.
8º) Os dorsais serán entregados polo clube organizador o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. A organización reservase o dereito de admisión na incripción.
9º) Serán motivos de descalificación entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
10º) O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
11º) Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina. Os participantes da carreira absoluta, terán recordo conmemorativo.
A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio.
12º) A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
13º) Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
14º) As reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados.
Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.
15º) O non previsto neste regulamento resolverase dacordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.
16º) Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.
17º) Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira
18º) Haberá servizo de duchas no Pabellón de Deportes de Panxon-Nigran e tamen se podera utilizar para cambiarse a sede da Comunidad de Montes de Monteferro.
ORGANIZACIÓN:
Sociedad Atlética Val Miñor e Concello de Nigran-Concellaria de deportes.
PATROCINIO:
Concello de Nigrán
COLABORADORES:
Concello de Nigran, Agua Sana, Larsa , Frutas Vilar, Publix, Coca Cola, Rosquillas Cristaleiro, Serviocio, Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, La Caixa, Athletics Deportes.