Mar, 04 Mar 2014, 11:47
Asunto: Re: I Trail e andaina polas cabeceiras do Anllons (02/03/2014)
Cómo xa comentei no facebook de laracha en duas rodas, paseino coma un neno fozando na lama. Era o meu primeiro trail, así que non vou facer moita crítica. Para min todo ben, sabendo que era a primeira edición, seguro que a segunda aínda será mellor.
En canto a sinalización, coincidindo ao final do camiño da foto 5 de Mandril, a pesar de que si estaba ben marcado, nos iamos tan concentrados en non caer que por pouco pasamos de largo a cinta e seguimos recto. Porque un do grupo deuse conta, si non alá imos un grupiño de xente un tras outro.
Si que botei en falta algunha cinta máis ao final do trail, xa de volta no río, a falta de tres kms máis ou menos. De feito caín de morros na lama por andar buscando as cintas, jejeje.
Cando organicedes outra contade conmigo
Mandril, eu xa puxen un enlace no facebook o teu blog para darlle envidia aos compañeiros do que se perderon
Saudos