Sáb, 08 Mar 2014, 23:39
Asunto: Re: WALK & TRAIL BARBANZA (12-4-2014)
Como dixen no anterior post, esta mañá tres amigos realizamos os primeiros 40 km do trail, e só podo dicir que é duriiiiiiiiisimo.
A calor, a esixencia do trazado, e o estado do mesmo (debido ás choivas varios tramos teñen surcos de até un metro de profundidade) fixeron que pasásemos os tempos de corte moooooi xustos. Dicir ao noso favor que tivemos varias confusións ao non estar todavía balizado, que nos fixeron rematar facendo km de máis.
O que me gustaría é poñer en coñecemento de quen corresponda, que os primeiros km da ascensión a Forcados (xa dura de por si), están practicamente cubertos de troncos dunha tala recente, co cal é imposible apurar o máis mínimo nesa zona. Isto, unido ós grandes surcos do trazado, fan que calquera paso en falso sexa moi perigoso, polo risco de escordadura ou incluso de clavar un pau, pois moitos están afiados. Dádevos conta que esta zona se vai facer practicamente ás escuras, debido ó horario de saída e ao cambio de hora de finais de marzo.
As fotos que adxunto non teñen moita calidade, pero dan unha idea da perigosidade.