Lun, 10 Mar 2014, 20:31
Asunto: Re: III Carreira Popular Concello de Camariñas (9/03/14)
Moi boa carreira e mellor circuito cunhas vistas impresionantes e si ben non era totalmente llano, tampouco era tan duro.
Tamén é destacablle a forma como se volvou o pobo ca carreira e agradecerlles os seus ánimos.
A organización tamén moi ben, pero o que eu non entendo (e no so pasa nesta carreira) é que haxa trofeos para tódalas categorías menos para os benxamins e os alevins. Eu penso que si temos que entregar trofeo a alguen sería aos máis cativos e a min pareceme que non ten moito sentido dar trofeos a tódolos veteranos e deixar ao nenos sen eles, cando son estos, os cativos, aos que máis ilusión lles fai un trofeo.
Sen dúbida o vindeiro ano estaremos na liña de saída.