Lun, 10 Mar 2014, 16:46
Asunto: II Trofeo Atletismo Fontes do Sar
Hola a todos/as, os reenvío esta información por si es de vuestro interés, el plazo de inscripción acaba este miércoles, creo que va la cosa justa...
O clube Atletismo Fontes do Sar e o Concello de Santiago de Compostela ca colaboración do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Santiago e da Universidade de Compostela, organiza o “II Trofeo Atletismo Fontes do Sar”. A súa vez, realizarase un Control Federado de Marcas, no Estadio Universitario de Santiago de Compostela o próximo 15 de Marzo de 2014.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar soamente atletas federados Os atletas prebenxamíns (categoría non oficial) soamente poderán participar os clubes da área da Delegación de Santiago de Compostela
INSCRICIÓNS
Realizaranse
inscricións ata as 22 horas do mércores 12 de Marzo. Online na páxina da RFEA
https://isis.rfea.es/sirfea2/. Pregamos poñan a mellor marca ó facela inscrición. Só os atletas prebenxamín farán as inscricións no correo escolafontesdosar @ gmail.com, facendo constar nome e apelidos, clube e data de nacemento.
DORSAIS
A entrega de dorsais realizarase na Secretaria de Competición por clubes o mismo día da proba, debendo confirmar a asistencia dos atletas.
PREMIOS
Entregarase medalla conmemorativa os tres primeiros de cada proba e por categorías menores ata cadete.
Recibirán cheque-regalo, de 200€, 125€ e 75€, os equipos de categorías escolares (prebenxamín a cadete) puntuándose da seguinte maneira: En cada proba establecerase un sistema de puntuación ós tres primeiros clasificados, levando 3 puntos o primero, 2 o segundo e 1 o terceiro. O clube que acade maior número de puntos será o gañador (en caso de empate, repartirase o premio)
HORARIO CONTROL DE MARCAS “II TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR” CRONOMETRAXE ELÉCTRICO
09:45 : Masculino : 80 ml infantil
09:45 : Feminino : Lonxitude benxamín e alevín
10:00 : Feminino : 80 ml infantil
10:15 : Masculino : 100 ml cadete e superiores
10:25 : Feminino : 100 ml cadete e superiores
10:40 : Feminino : 50 ml prebenxamín (FC)
10:45 : Masculino : Lonxitude infantil e superiores
10:50 : Masculino : 50 ml prebenxamín (FC)
11:00 : Masculino : 50 ml benxamín
11:15 : Feminino : 50 ml benxamín
11:30 : Feminino : Lonxitude infantil e superiores
11:30 : Feminino : 60 ml alevín
11:50 : Masculino : 60 ml alevín
12:10 : Masculino : 300 ml prebenxamín (FC)
12:15 : Masculino : Lonxitude benxamín e alevín
12:20 : Feminino : 300 ml prebenxamín (FC)
12:30 : Masculino : 500 ml benxamín, alevín e infantil
12:40 : Feminino : 500 ml benxamín, alevín e infantil
13:00 : Masculino : 3000 ml infantil e superiores
13:30 : Mixto : 4x100 relevos mamás,papas (FC)
TÓDOLOS ATLETAS DEBERÁN COMPETIR COA CAMISOLA OFICIAL DO SEU CLUBE
Nas probas de Lonxitude e Peso das categorías benxamín e alevín, poderase limitar a 3 intentos sen mellora, se o número de atletas e moi elevado. Os atletas escolares só poderán participar en dúas probas, como máximo. Para que unha proba se celebre terá que ter un mínimo de 3 atletas participantes.