LC2000 escribió: |
Na páxina do concello so aparece a carreira do ano pasado e loxicamente coas inscripcións pechadas. Seguín as instrucións que marcachedes por aqui e xa fisen o ingreso dos 3€, o que non atopo e o formulario de inscripción. ¿Hai que mandar algún correo electrónico cos datos? ¿a que email? Graciñas de adiantado |
Cita: |
5.Termos e prezos das inscricións: -Establécese un máximo de 250 participantes. -As inscricións efectuaranse na páxina www.concellodecarnota.com e poderanse facer ata o luns 14 de abril, ou ata alcanzar os 250 participantes. -A inscrición para os/as atletas de menores de idade será gratuíta. -A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do Concello de Carnota, deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller o dorsal. -O prezo de cada inscrición será de 3€, que se aboarán no seguinte número de conta: ES84-2080-0334-87-3110000035 -No pago débese facer constar o nome e apelidos do/da corredor/a, así como o nome da proba: “II Carreira Viquinga”. -As inscricións fóra de prazo só se poderán facer no punto de recollida de dorsais (sempre e cando non se acadara o número máximo de participantes) e o custo será de 5€. -A inscrición non se dará por válida ata que se complete o pago. -No caso de facer un pago para varios participantes, enviar un correo electrónico (maria.silva@carnota.es) especificando cunha relación donde apareza nome e apelidos de cada participante.. -En ningún caso se devolverá o importe da inscrición. |
XoseM escribió: | ||||
www.correrengalicia.or...e=20140420
En todo caso podes contactar co email indicado, xa que creo que redactaron o regulamento antes de ter o formulario disponible. |
memphis_ESP escribió: |
Nunca participei nunha proba de montaña. ¿Sabedes se terei problemas en participar cun calzado de running normal?¿Será un trazado moi "sucio"? |