Lun, 17 Mar 2014, 16:25
Asunto: Re: II Media Maratón Carballiño (16 Marzo 2014)
Felicitar a organización, na que se nota que queren facer as cousas ben. Moi atentos e serviciais dende o 1º o derradeiro colaborador.
Puntazo o do microbus que nos levou as duchas, polo que non tivemos que movelo coche trala carreira (xa que iamos quedar a tomar o pulpo).
Respecto a miña carreira, quería ver se estaba superada a lesión e ata o Km 9 fun ben, do 9 ao 12 molestias que parece que remitían, pero no 15 ao aumentar o ritmo novo pinchazo, que pensei que ía ter que parar para estirar o xemelgo, baixada de ritmo ata o 17 e despois, parece que me acostumei a molestia/dor e rematei bastante ben.
Espero que sigan facendo esta carreira e poder ser da partida en vindeiras edicións, ata agora 2 de 2.