Mar, 01 Abr 2014, 13:16
Asunto: Re: IV Carreira Montaña Montes de Viveiro (6-4-2014)
guti290971 escribió: |
Norris : eres ti o que quere que puntue , cacho lambón
Xabi : quen foi falar, o líder da montaña.....anda que non che molaba que puntuara Viveiro para fuxir do Gompi, je, je |
amigo, supoño que non o sabes:
Porque non participei nen na MM de O Carballiño, nen no Pozo do Demo, nen en Xinzo estas tres pasadas semáns?
ía correr a longa de Vilatuxe porque no Boi me atopará moi ben na "curta" de 26km pero asomaron molestias de fascitis os días previos e "baixei" á curta de 14km en Vilatuxe.
Corrín toda a proba con dor e forzando o corpo, tanto que ó día seguinte sufrín un ataque agudo de dor na zona do sacro e quedei tieso
Xa estiven 3 veces en urxencias, pasei unha semán na cama sen poderme mover cunhas dores que non llas recomendo a naide.
A día de hoxe tan soio me teño en pé cas muletas e non podo andar muito, voto case todo o día na cama, non me da pasado a dor.
Nen pastillas, nen inyecciós de corticoides, nen fisioterapia,nada....
Estou agardando me fagan unha resonancia magnética pra ter un diagnóstico e saber que caraio teño no sacro ( trátase seguro dalgo oseo-vertebral, podería ser unha
sacroilietis, unha
espondilitis, etc... )
Estounas pasando putas meu, non llo deseo a naide isto.
Coma comprenderás pra mín acabouse o correr ate sabe Dios cando asi que o do circuíto de montaña non importa.
Particularmente coido que non gañará Gonzalo (Gompi), senón Amador, porque a iste úlitmo faltánlle por sumar os puntos de SanAlberte, Castroverde e Viana, có que se porá con 4450. Ademais Gonzalo pasa do tema do circuíto de montaña,corre as que lle gustan, coma a do Barbanza de 35km e no Courel fará a o TAC, namentres Amador aínda que non é dos mais rápidos é unha besta parda que remata todas e participará no UTAC
o dito, teño unha lesión, non grave, senón gravísima.
Apertas amigo
Rodicio @ gmail.com
"Sacroleitis touch the kinder...but...I will be back" jeje