Xov, 10 Abr 2014, 20:39
Asunto: Re: Consejo sobre Adidas Energy boost
Para empezar, dicirche que eu son moi de Adidas (supoño que cada un temos a nosa marca preferida). Teño as Glide Boost para entrenos longos, as Energy Boost para series e as Boston para competir (xa ves, fiel coma un can
![Ríndose Ríndose](images/smiles/icon_lol.gif)
). Con respecto ás Energy, dicirche que para min son as zapatillas máis cómodas que teño probado. Haberá a quen non lle guste o Techfit, pero para min é unha pasada. As zapatillas van pegadas ao pé (sensación que me gusta moito) pero non agobian. E no que respecta á mediasuela, non vou eu descubrir o Boost. Podes empregalas para entrenos tranquilos como os que comentas (ritmos de 4'40"-5') e para series máis rapidiñas (por debaixo de 4' sen problemas). E para competir, co teu peso, ata media maratón sen problemas. O que non che podo dicir é se as Energy Boost 2 son iguais ou mellores, pero supoño que serán mellores polo que teño lido delas. E pronto van caer nas miñas mans (ou pés). Espero que te axude en algo o dito.