Foros ›
Carreira Pedestre Monte Porreiro - Pontevedra (13/04/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 7:58
Asunto: Carreira Pedestre Monte Porreiro - Pontevedra (13/04/14)

REGULAMENTO DA II CARREIRA PEDESTRE MONTE PORREIRO 2014 - Gran Premio U.N.E.D.


INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA 2014
www.facebook.com/Circu...Pontevedra

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: O Consello de Barrio de Monte Porreiro e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra organizan o domingo 13 de abril de 2014, a partir das 12,00 horas, a “II Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 – Gran Premio U.N.E.D.”

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categoría / Ano Menor / Ano Maior / Nacemento
Chupete / De 00 A 05 / 2014 – 2009
Pitufo/a / De 06 A 07 / 2008 – 2007
Benxamín / De 08 A 09 / 2006 – 2005
Alevín / De 10 A 11 / 2004 – 2003
Infantil / De 12 A 13 / 2002 – 2001
Cadete / De 14 A 15 / 2000 – 1999
Xuvenil / De 16 A 17 / 1998 – 1997

CCCP 2014
Sénior / De 18 A 34
Veteranos/as 1 / De 35 A 39
Veteranos/as 2 / De 40 A 44
Veteranos/as 3 / De 45 A 49
Veteranos/as 4 / De 50 A 54
Veteranos/as 5 / De 55 A 59
Veteranos/as 6 / De 60 A 64
Veteranos/as 7 / De 65 - En diante

Parellas Mixtas / De 18 - En diante
Parellas Masculinas / De 18 - En diante
Parellas Femininas / De 18 - En diante

Haberá unha categoría especial de parellas (que non puntuarán individualmente) que poderán estar formadas por un home e unha muller (categoría parella mixta), dous homes (categoría parella masculina) ou dúas mulleres (categoría parella feminina). Estas parellas terán que facer todo o percorrido xuntas, entrando en meta cunha diferenza máxima de 5 segundos entre os membros da parella, contabilizándose o tempo de chegada do membro do equipo que entre en segundo lugar. En caso de non entrar no prazo máximo de 5 segundo a parella quedará descualificada.

Para todas as persoas inscritas no CCCP 2014 que queiran participar na categoría parellas, terán que enviar un correo-e indicando os dous nomes (e dous DNI) dos compoñentes da parella ao enderezo consulta @ championchipnorte.com antes do remate do prazo de inscrición co asunto (no correo-e) “Parellas Monte Porreiro”.

Para os corredores/as (que non sexan membros do CCCP) que só se inscriban nesta carreira e que queiran participar na categoría parellas, terán que indicar o DNI do outro/a compoñente da parella no momento de inscribirse na opción editable que se habilitará durante o proceso de inscrición, antes do remate do prazo de inscrición.

Todas as persoas participantes na categoría parellas, non puntuarán nas distintas clasificacións individuais da Carreira de Monte Porreiro.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Sénior, Veteranos e Parellas ata as 23:59 horas do día 08 de abril de 2014 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, e serán na web www.championchipnorte.com

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 10.45 horas), no propio edificio do Mirador en Monte Porreiro indicando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.

Haberá catro (4) tipos de inscrición:
- Para as categorías Sénior, Veteranos e Parellas o/a deportista pagará a cota de 5 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso).
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2014, será de balde. Para máis información en www.championchipnorte.com

Os membros da comunidade educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia U.N.E.D. (alumnado, profesorado e PAS) que se inscriban na carreira, deberán de pagar como todos no momento de inscribirse, e a Organización devolveralles o importe da mesma (polo mesmo medio que fixo o pago), excepto (de non telo en propiedade) o aluguer do obrigatorio chip polo que terá que abonar 1 €. Para obter a devolución, de forma inescusable, no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.

No caso de que o/a deportista das categorías Sénior, Veteranos e Parellas que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

Categoría: Sénior e todas as veteranos/as
Data tope inscrición: 08/IV ata as 23.59 h.
Cota: 5 €
Sistema de inscrición: www.championchipnorte.com
Aluguer de chip: De non telo en propiedade 1 €

5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións da Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.) en Monte Porreiro o día 11/04 de 17.00 a 20.30 horas e o 12/04 dende as 11.00 h ata as 13.30 h. Excepcionalmente o domingo 13/04 dende as 09.00 horas e ata as 11.00 horas só para todas as persoas fora dos municipios da comarca de Pontevedra tamén na UNED.

No caso dos menores Só o día 13 de abril entre as 08.30 e as 10.45 horas na saída, a participación é de balde e teñen que vir co persoalmente o titor/a e dar o nome, teléfono de contacto e DNI. Non haberá cronometraxe.


6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta e de non ser así:
Dende Santiago ou Vigo: tomar a saída da autopista Pontevedra Norte e coller dirección a Pontevedra, avanzar 100 metros e na primeira rotonda (con edificios no seu interior) rodeala deixando o Servizo de Bombeiros de Pontevedra á esquerda e a Comandancia da Garda Civil á dereita, na primeira saída da rotonda coller á dereita (dirección Policía Local e ao Pazo de Congresos de Pontevedra) e pasar por enriba da autopista seguindo o Paseo de Domingo Fontán (paralelo ao río Lérez) ata chegar a unha gasolineira de Repsol e a unha rotonda dende a que tomaremos a segunda saída (dirección Recinto Feiral). Pasamos por diante do Pavillón Municipal dos Deportes e na seguinte rotonda tomamos a segunda saída (dirección Policía Local) para enlazar inmediatamente (100 metros) á dereita dirección Ourense. Xa estamos no Recinto Feiral de Pontevedra e avanzamos ata atravesar a Ponte dos Tirante e na primeira rotonda tras a ponte collemos a cuarta saída dirección Monte Porreiro (paralelos ao río) durante 2.5 quilómetros e ao atopar a primeira rotonda ir buscando onde aparcar para subir a pé a primeira costa a man dereita que atopamos.
Dende Ourense: Se vimos pola estrada Nacional 541 (Ourense – Carballiño – Cerdedo- Pontevedra) ao entrar en Pontevedra, e no primeiro semáforo e rotonda que atopamos, collemos a man dereita (está indicado Monte Porreiro); avanzamos e seguimos os carteis da U.N.E.D. xa chegamos.
O aparcadoiro da U.N.E.D., acceso pola rúa Portugal, 2 (con capacidade para 50 vehículos), estará dispoñible desde as 8:30 h e ata as 14:00 h.

8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.

9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

Categoría / Hora de saída / Distancia
Chupetes / 11.10 / 150 m
Pitufos/as ou Pre-Benxamín / 11.15 / 300 m.
Benxamín / 11.15 / 300 m.
Alevín / 11.20 / 750 m.
Infantil / 11.20 / 750 m.
Cadete / 11.30 / 1.300 m.
Xuvenil / 11.40 / 2.500 m.
Sénior, Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e Parellas / 12.00 / 8.000 m.

10. AVITUALLAMENTO. Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

11. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

12. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

13. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

15. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da U.N.E.D. de Pontevedra e con entrada pola Rúa Francia, preto da zona da saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios habilitados no Pavillón de Deportes do Colexio Marcos da Portela en horario de 12 a 13.30 horas.


POSTERIOR Á CARREIRA

16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

Todos/as os/as participantes inscritos na categoría “parellas” non optarán aos trofeos individuais desta carreira.
Todas as “parellas” que suban ao podio serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá unha chocolatada para todos/as os participantes.

20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.) ou no correo-e info @ sgpontevedra.com
ElDom

Maratoniano
Maratoniano
18/11/12
12 Carreiras
131 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 11:00
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Hola,

Musgo escribió:
No caso de que o/a deportista das categorías Sénior, Veteranos e Parellas que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

Los que nos inscribamos en el CCCP y estemos en paro, ¿también podemos solicitar la devolución del precio de la inscripción en la carrera?.

Un saludo.
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 11:32
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Bo día:

Segundo indica o regulamento do CCCP 2014, os/as inscritos/as no CCCP 2014 non teñen deducción por ser desempregados/as, só as persoas que se inscriban carreira a carreira.

Saúde
pontevedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/13
0 Carreiras
59 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 12:23
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

A carreira coincide co domingo de ramos!! vaia puntería!
...un que xa non pode ir...
ABYOPO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/02/12
9 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 22:22
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

¿Se entregará en esta carrera la bolsa del corredor del CCCP? ¿en los mismos sitios y horarios que los dorsales?
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Mar 2014, 7:52
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Tedes que preguntar en:

www.facebook.com/Circu...Pontevedra

Un saúdo
Davidgara

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/12/12
60 Carreiras
500 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Xov, 27 Mar 2014, 14:55
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Anotado en el circuito, a por la 2 carrera.

@davidgara
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Abr 2014, 11:03
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Mañán martes ás 23.59 horas remata o prazo para correr con Sol a Carreira Pedestre de Monte Porreiro 2014
Davidgara

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/12/12
60 Carreiras
500 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 07 Abr 2014, 11:46
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

La vais a incluir en el circuito de correr en Galicia, sólo por saber ya q estoy anotado al circuito de carreiras de Pontevedra.

@davidgara
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3129 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Lun, 07 Abr 2014, 11:50
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Las del CCCP están incluidas en el Circuito, Ghatorade. Sólo nos falta actualizar la información.
Davidgara

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/12/12
60 Carreiras
500 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 07 Abr 2014, 12:02
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Muchas gracias Adm.

@davidgara
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Abr 2014, 7:33
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Información de onte no Facebook do Circuito de Carreiras de Pontevedra

INFORMACIÓN:

Tras as últimas incorporacións de deportistas ao CCCP 2014, a Organización tomou a decisión de entregar a bolsa de corredor (camiseta,...) na carreira PonteNoite 5+5 e poder así ter suministro para todas as persoas, incluso as de última hora. Entregaranse os dorsais e chips igualmente nos horarios previstos para poder correr en Monte Porreiro.

Moitas grazas pola vosa comprensión.
davidcouselo

Maratoniano
Maratoniano
6/10/11
65 Carreiras
1208 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Ven, 11 Abr 2014, 21:41
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Musgo escribió:
Bo día:

Segundo indica o regulamento do CCCP 2014, os/as inscritos/as no CCCP 2014 non teñen deducción por ser desempregados/as, só as persoas que se inscriban carreira a carreira.

Saúde

Así fue el año pasado. Y yo que me inscribí al circuito por ahorrar pasta, al final me salió más caro.

Punto a tener en cuenta. Este año no correré ninguna carrera del circuito porque todavía me dura el cabreo.
obranabe

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/10/12
20 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Abr 2014, 13:49
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

Algo de calor, pero muy buen dia y bonita carrera hoy en Monteporreiro. Bien organizada y señalizada.

Eso si, las cuestas hacian mucho daño en la segunda vuelta.

Ojala siga asi y se consolide.
Davidgara

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/12/12
60 Carreiras
500 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Dom, 13 Abr 2014, 15:47
Asunto: Re: Carreira Pedestre Monte Porreiro 2014 (Pontevedra)

me salió la 2 vuelta 2 minutos mas lenta que la primera, pinche como un campeón jajaja. Estuvo bien, para el año ya me la conozco...

@davidgara





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos