Foros ›
XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Abr 2014, 10:57
Asunto: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

XI Carreira Virxe da Guía, Ribeira

Data: Sábado, 17 de Maio de 2014.
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Ribeira.
Inscrición: www.virxedaguia.org


(Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial)

A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a undécima edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:

REGULAMENTO

1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:


CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO

PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2007, 2008 e 2009*
BENXAMIN atletas nados no 2005 e 2006
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002
CADETE atletas nados no 1999 e 2000

XUVENIL atletas nados no 1997 e 1998
JUNIOR atletas nados no 1994, 1995 e 1996
SENIOR atletas nados entre 1993 e 1980
VETERANOS A atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B atletas nadas en 1968 e anteriores

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
17:00 BENXAMINS 600 M.
17:15 ALEVINS-INFANTILES 900 M.
17:30 CADETES 1.800 M.
18:00 DE XUVENIL A VETERANOS 10.000 M.
19:15 PITUFOS E PREBENXAMINS 50 M.
19:30 ENTREGA DE TROFEOS

3. INSCRICIONS : A partir do martes, 15/04/2014

PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, alevín, infantil e cadete) Poderán realizalas a través da web www.virxedaguia.org, recheando no cuestionario os datos solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira). O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para as probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).

As inscricións realizaranse a través da web www.virxedaguia.org .O prezo da inscrición será de 6 €. O número de conta no que ingresar o importe é: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
Tamén se poderá formalizar a inscrición e o pago directamente no Supermercado Gloria (Carreira)
O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.
Agradeceráse a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

Admitiranse inscricións ata o o xoves 15 de maio ás 14 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Colexio da Capela, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.


4. PREMIOS
 Trofeo artesán para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
 Copa para os tres primeiros clasificados/as nas categorías alevín, infantil e cadete.
 Medallas para tódolos participantes nas categorías de pitufos a benxamíns.
 Trofeo artesán para o primeiro/a do Concello de Ribeira.
 Copa para os segundos/as e terceiros/as do Concello de Ribeira.
 Trofeo artesán ó/á 1º corredor de Carreira.
 Sorteo final de diverso material entre todos os participantes.
 Camiseta técnica para os inscritos na categoría absoluta e mochila para os escolares inscritos.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estuvera presente, o trofeo será entregado ó seguinte clasificado.

4. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.

5. OUTROS SERVIZOS:

Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas hasta o remate da carreira.

Servizo de “avoas”: Para aqueles pais e nais que non teñan quen se faga cargo de nenos e nenas menores de edade mentras dura a carreira, poderán deixalos a cargo de varias avoas carreirenses que se ofreceron voluntariamente a atendelos durante o tempo que dura a proba. O lugar de acollemento será dentro do local da Asociación de Veciños de Carreira, sito na mesma liña de saída/meta. Os que precisen este servizo deberán comunicalo no momento de realizar a inscrición.

5. DUCHAS E APARCAMENTO :
Haberá servicio de duchas no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta.

Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 200 metros da liña de saída.

6. HOMENAXE:

Seguindo o fío marcado polos anteriores organizadores capitaneados por Abraham Benítez, retomamos os actos de recoñecemento a corredores locales, sendo este ano o homenaxeado un dos corredores ribeirenses que se recorda con máis cariño, o veterano e entrañable “Carlitos”.


Última edición por URKO o Xov, 08 Mai 2014, 8:44; editado 4 veces
sisi83

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/04/13
1 Carreiras
205 Mensaxes
corrubedo
Respostar citando Envío Ven, 11 Abr 2014, 17:21
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Ali estaremos sobre todo pola fantastica paella
juanantonio

Novo foreiro
Novo foreiro
1/05/13
30 Carreiras
33 Mensaxes
El Temple Cambre
Respostar citando Envío Ven, 11 Abr 2014, 20:59
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

maldita sea!! xa estou apuntado a Ferrol co que me gustaría correr na casa,este ano cae algunha en Ribeira fijo!!!!
juanantonio

Novo foreiro
Novo foreiro
1/05/13
30 Carreiras
33 Mensaxes
El Temple Cambre
Respostar citando Envío Ven, 11 Abr 2014, 21:00
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

maldita sea!! xa estou apuntado a Ferrol co que me gustaría correr na casa,este ano cae algunha en Ribeira fijo!!!!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 13 Abr 2014, 12:32
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

pero vos cantas carreiras montades en Ribeira??

mimadriña,solo con correr as vosas xa me tendes liado todos os meses,jajajja.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Dom, 13 Abr 2014, 12:48
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Unha pregunta que me agrada responder. Imos ver. Temos o trail de San Alberte, O Corgo-Corrubedo, Carreira, Artes, Castiñeiras (non sei si vai ter continuidade), Ribeira. Ultra-trail, meto aquí tamén a andaina da chuvia que se vai celebrar este próximo domingo (sin retencions) i os 50 kms de Ribeira. Algunha desta xente tamén organiza o trail das Furnas que se celebra no Porto do Son e creo que teñen en menta facer algunha que outra máis.
Toda esta xente merece un gran respecto e sobre todo un gran respaldo, que non sempre teñen da maneira que merecen. Aplauso Aplauso Aplauso
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Abr 2014, 16:39
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

A verdade é que actualmente hai un feixe de xente (moita máis da que se poda pensar!) que se está volcando na organización de todos estes eventos que detalla o amigo Castiñeiras (por certo un dos que, fai anos, plantaron o gran do que hoxendía é unha fructífera colleita Aplauso ).
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Abr 2014, 17:06
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

URKO escribió:
A verdade é que actualmente hai un feixe de xente (moita máis da que se poda pensar!) que se está volcando na organización de todos estes eventos que detalla o amigo Castiñeiras (por certo un dos que, fai anos, plantaron o gran do que hoxendía é unha fructífera colleita Aplauso ).

A verdade non ten mais ca un camiño: contar cunha xente que sabe en cada momento qué ten que facer, dónde se ten que poñer, cómo resolver unha situación... e que ainda encima podamos andar as ostias todos e acabar fasendo unha festa jolgorio, así da justo orjanisar aljo. Moi feliz Moi feliz Mr. Green Mr. Green
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 8:24
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Nesta edición da Virxe da Guía volvemos a apostar polo recorrido do ano pasado de 10 km, que, parece ser, gustou moito ós participantes.
Tentaremos volver a traballar o aspecto de animación da veciñanza para que volvan a poñer esa nota de color e ánimo. De feito, para o público resultaba moi grato poder ver ós corredores hasta catro veces, con solo desplazarse 200 metros: saída, novo paso perto da liña de saída no km 1, baixada de Vixán do km 4, e meta. Comentaban corredores asiduos a esta carreira que se habían levado unha grata sorpresa co ánimo da cantidade de público congregado precisamente nesa delicada costa de Vixán (km 4, pero que está a solo 200 metros da saída e meta).
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 11:30
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

A verdade e que con ese formato fíxose moi entretenida para o público.
smsamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/12/13
3 Carreiras
78 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 12:32
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Cómo traballades chavales! Non vamos dar abasto con tanta carreira. Gustaríame moito asistir pero ao día seguinte é a II carreira de Serra do Barbanza e a cabra que levo dentro prefire esta outra. Pensareino...
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 13:15
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

smsamp escribió:
Cómo traballades chavales! Non vamos dar abasto con tanta carreira. Gustaríame moito asistir pero ao día seguinte é a II carreira de Serra do Barbanza e a cabra que levo dentro prefire esta outra. Pensareino...

Que son 10km+21km para ti en un fin de semana,despues de lo que hiciste en el Ultra-trail 35km? Aplauso Aplauso Aplauso
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 14:27
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

smsamp escribió:
Cómo traballades chavales! Non vamos dar abasto con tanta carreira. Gustaríame moito asistir pero ao día seguinte é a II carreira de Serra do Barbanza e a cabra que levo dentro prefire esta outra. Pensareino...

A Carreira podes vir a facer un rodaxiño, e despois o domingo a dalo todo na Curota. Os que non podemos correr o sábado, tamén subiremos a quitar "o mono!!"
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mar, 15 Abr 2014, 21:28
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

castiñeiras escribió:
Unha pregunta que me agrada responder. Imos ver. Temos o trail de San Alberte, O Corgo-Corrubedo, Carreira, Artes, Castiñeiras (non sei si vai ter continuidade), Ribeira. Ultra-trail, meto aquí tamén a andaina da chuvia que se vai celebrar este próximo domingo (sin retencions) i os 50 kms de Ribeira. Algunha desta xente tamén organiza o trail das Furnas que se celebra no Porto do Son e creo que teñen en menta facer algunha que outra máis.
Toda esta xente merece un gran respecto e sobre todo un gran respaldo, que non sempre teñen da maneira que merecen. Aplauso Aplauso Aplauso
e como minimo quedache atras o trail popular da Curota.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 16 Abr 2014, 12:13
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

O trail da Curota xa é cousa dos da Pobra, os que tamén se lle agradece o traballo, igoal que o resto dos concellos do Barbanza. Entre todos temos para correr todo o ano sin sair da bisbarra.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos