Lun, 21 Abr 2014, 9:39
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Neyssi escribió: |
Esta carrera promete ,alli estaremos |
Bueno, non sei si a carreira "promete" ou non...o que si se tenta facer desde a organización é escoitar ós corredores e, naquelo no que se poda, achegarse a esas pequenas demandas que nos van suxerindo.
Por exemplo, este ano anulamos o tema do parking de pago, no campo de futbol, porque o ano pasado moitos consideraban que non quedaba moi "estético" o de cobrar por aparcar. Pois ala, petición aceptada e este ano falamos con algún propietario de fincas para que nos permitise aparcar nas suas leiras. Gracias públicas para eles!!
Outro detalle moi corriente é o dos corredores que se achegan á mesa de cronometradores para que se lle garden as mochilas, unha sudadeira, as chaves do coche...co conseguinte risco para os "gardadores" que teñen a cabeza posta na sua tarefa máis que en coidar das prendas. Pois nada, demanda atendida, e este ano entregaranse unhas bolsas co número de dorsal para que personal dedicado unicamente a ese menester se faga cargo de ese material.
A veces atopámonos con amigos e amigas que non poden ir a unha carreira porque non teñen con quen deixar os nenos ese día. Pois tamén se lle buscou unha solución: un grupo de avoas dixo que elas se encargaban de atender ós nenos e nenas dos corredores mentras dure a carreira. Estarán no local da Asociación de Veciños, ó lado da saída e da meta, e por cada neno/a haberá unha avoa que se encargará de atendelos como si de netos propios se tratase.
Como moitos corredores se sinten "agobiados" nas carreiras de centos de corredores, tentamos manter o espíritu "familiar" e atención "cuasi-personalizada", limitando a 300 o número de participantes, de xeito que casi lle sepamos o nome a cada corredor
Non sei si promete, pero polo menos, por nós que non quede!!!