Ven, 18 Abr 2014, 7:27
Asunto: Re: VIII Carreira do Corgo - Corrubedo (26/04/2014)
En principio para esta edición cambiamos o percorrido (o raro sería que non o fixéramos), e voltamos a atoparnos con algo que se viña botando de menos: un pequeno carreiriño que discurre pola costa e que só se empregou no recorrido da primeira edición, non é que non gustara senon que as alternativas das outras edicións non nos achegaban o suficiente a esa zona; non vai faltar o paso pola laxe brava, por punta Corgo, por Balieiros, esa braña dos campos de Teira que tanto vos gusta e que vos chega o auga polas rodillas, e como a distancia da para moito temos de punto e final o paso polos adoquíns de Espiñeirido donde o desafio estará en ver quén os sube un cachiño a pe e outro cachiño andando

; e para rematar debidamente unha nova subida a monte Facho, moito máis técnica pero igual de dura que a usada nas últimas edicións (que ás veces se baixaba) porque o Facho de momento non medrou en altitude.
Coma sempre: terra, barro, area, costas arriba, bosques, e novo trazado. Senon non sería o Corgo.