Dom, 06 Abr 2014, 9:34
Asunto: Re: III ANDAINA DA CHUVIA DE RIBEIRA - 20 DE ABRIL (25 KMS)
Día: 20 de Abril de 2014
Hora: 10:00 h.
Distancia: 25 km.
Saída e chegada: Bar A Pontella - Rua Ramón Barreiro, 2 de Ribeira (Parque das Abesadas)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio e A Casita Records
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 31 de marzo ao 14 de abril)
Custo da inscrición: 5 €
Páxina web oficial:
www.arousa.com
E-mail: contacto @ arousa.com
A Andaina da Chuvia xa chega á súa terceira de edición logo do éxito e satisfación dos participantes do ano pasado. Coma sempre poñeremos todo da nosa parte para que disfrutedes dun percorrido casi idéntico ao da edición anterior, trataremos de sorprendervos nalgún pequeno tramo, que non imos desvelar.
O punto de saída e chegada estará no centro de Ribeira, na zona das Abesadas, dende o Bar A Pontella, no que ademais ao rematar servirásevos un avituallamento para repoñer forzas e departir os mellores momentos da xornada cos compañeir@s de camiñata.
Espéranvos os Muiños do Amendo, a Capela das Angustias, o Dolmen de Axeitos, o Muiño de Correa, a Capela de San Alberte, a Capela dos Remedios e o Parque de San Roque. Unha rutiña deseñada para camiñar e disfrutar... baixo a chuvia!