Mar, 22 Abr 2014, 22:27
Asunto: Re: II CARREIRA VIKINGA DE CARNOTA (20/04/14)
¡Impresionante esta carreira vikinga de Carnota!
Grazas por tan boa acollida, e pola orgaización perfecta.
Moi ben polos gaiteiros, acariñando cada reviravolta do camiño, e eu, que xa non sabía se sacar punto, ou botar un aturuxo.
O avituallamento, moi xeneroso, alá onde da a volta o vento.
Os petroglifos, o Castro de Mallou, a Torre dos Mouros, os cabazos, os balados, e o Oceano. ¡Pena das prisas!. Esta carreira vikinga está pedindo unha andaina.
Os ourizos e a paella mariña, fixeron que nos sentiramos coma deuses no Olimpo.
Esto nin é correr nin é nada....