Xov, 19 Mar 2015, 10:17
Asunto: Re: II Carreira Pedestre Popular Concello de Oroso (26/04/14
Bos días.
Paso polo foro para comentar que este ano coas obras do acceso a AP-9 en Sigüeiro o trazado da carreira vai ser diferente. As obras afectan o tramo que ía do kilómetro 1,5 - 2 xa que a pista está neste momento cortada o acceso de peóns e de vehículos.
Por Oroso atravesa o camiño Inglés, igual que xa temos outras carreiras como os 21 do camiño, ou a MediaSan do camiño, non sería desacertado plantexar unha RUNNING IN THE ENGLISH WAY que axude a poñer en valor esta ruta xacobea.
Casi todo o percorrido sería de terra, pero o mesmo tempo o corredor popular tería a oportunidade de coñecer as características paisaxísticas do camiño.
Dende Sigüeio o lugar de Baxoia na parroquia de Deixebre son 7 kms de distancia que se poden facer en ida e volta, uns 14kms.
Sin chegar a ser unha 1/2 maratón, esta carreira ocuparía esa distancia intermedia entre os 10 e os 21.
Ademais pode aproveitarse o evento deportivo para repasar o firme e limpar as cunetas.
Non estaría demais que a organización pensase en premios en metálico para esta proposta 300, 200, 100 nas categorías absolutas feminina e masculina.
Que vos parece?