Lun, 28 Abr 2014, 20:04
Asunto: Re: Afiadores ano IV
Gracias rapaces.
Hoxe ainda máis contento ca onte pola carreira que fixen, polo ben que saiu sen ter un plan especifico para o maratón, un par de tiradas longas e xa está.
Sain con
Emilio que iba para 3:03 a ritmo de 4'20", un pouco ambicioso para min, pero ca melloría das últimas semanas decidín arriscar. Pronto nos metimos en un grupo de 5 corredores do
Fonte do Sar que iban o noso ritmo, moi cómodos, pero a partir do km 10 baixaron a 4'05''-4'10'', ufffff, demasiado rápido para min (e para
Emilio que non paraba de decilo), de feito creo que 3 deles foron sub-3, pero ante a dúbida de ir tapado en grupo con eles ou quedarme atrás e posiblemente verme só loitando contra o vento, decidin seguir. Aguantei con eles creo que ata o km33, ata o 36 un pouco máis lento pero ben, e os últimos 6 dende a subida a torre de Hercules un suplicio e onde me caeu unha minutada.
Se tivera que elexir outra vez faría o mesmo plantexamento de carreira, había que intentalo, e total vai doer o mesmo.
A ver si os outros maratonianos se animan a facer unha crónica.
Bicos