Xov, 08 Mai 2014, 10:44
Asunto: Re: Andaina 50 Km Allariz
17ª Andaina Vila de Allariz 50 kmts en 12 horas
Sábado 31 de Maio 2014
INSCRICIÓN :Dende o 9 de Maio ata o 26 de Maio
Prezo:
15 €uros
Poderá realizarse en:
PISCINA MUNICIPAL DE ALLARIZ
Tf – Fax: 988 44 20 83
e-mail: piscina @ allariz.com
REDONET
Rúa Ervedelo, 21 Ourense
Tf: 988 22 26 92
Fax: 988 22 59 60
e-mail: deportesredonet @ gmail.com
O número máximo de participantes é de 1000.
SAÍDA
Farase dende a Alameda de Allariz na data sinalada, ás 9 horas.
É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.
ROTEIRO
Estará convintemente sinalado, para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta.
AVITUALLAMENTO
Ó longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.
MASAXISTAS
Dende as 13,00 h haberá masaxistas en Allariz.
SERVIZO DE GARDERÍA
Para nenos/nenas de 2 ata 12 anos. Si estás interesado debes confirmalo con antelación á organización.
CONTROIS E CUALIFICACIÓNS
Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento.
RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES
Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar semanalmente 80kms. dende dous meses antes.Consiste nun percorrido de 50 km. E non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar.
É moi importante:
• Gorra ou viseira, imprescindible para protexerse do sol do mediodía e evitar insolacións.
• Gafas de sol e crema solar (PROTECCIÓN).
• Coidado coa HIRATACIÓN e REPOSICIÓN DE SALES.
• - ¡¡¡COIDADO COAS VINCHOCAS!!! Elixir o calzado máis adecuado, atendendo ó terreo e climatoloxía.
En Allariz haberá vestuarios e duchas no Campo de Vilanova, dende as 13.00h. Tamén se poderá usar a piscina, imprescindible gorro de baño.
A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles ós participantes, pero tratará por tódolos medios de evitalos.
É recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable de maior idade.
OBSERVACIÓNS
Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ó control máis próximo. A Organización disporá dun servicio de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemasO máis importante é participar e procurar terminar.
Respeta a natureza, non deixes o lixo tirado.
Ó remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos das firmas patrocinadoras e colaboradoras entre tódolos participantes.