Mér, 30 Abr 2014, 12:10
Asunto: Re: III CORUÑA 42- 2014 (27/04/14)
Moi boas a todos, antes de nada, e como se trata da miña primeira intervención no foro preséntome, son Xalo Maira, o afortunado encargado de comentar, animar, presentar (chámese como se prefira) algunhas carreiras de A Coruña e eventos varios.
Digo que son afortunado porque de verdade, non vos podedes imaxinar o emocionante que resulta ver como cada participante, dende o primeiro ata o último dan todo o que teñen en cada carreira, e eu podo animar a cada un deles dende un lugar privilexiado.
A miña máis sincera noraboa a tódolos participantes en A Coruña 42 sodes INCRÍBLES!!!!
Moitas gracias por facerme disfrutar tanto, inda que sodes uns "cabróns" no bo sentido da palabra, que me deixades sen palabras!!!
Estaba lendo os comentarios do fío como fago sempre que podo na busca de detalles a mellorar, e foi cando vin o de Killoke dicindo que vomitou ó escoitar ó speaker anunciar pola megafonía que non se podía cruzar a meta cos nenos en brazos o que me levou a animarme a escribir.
Apeteceume dar a miña opinión acerca do tema, xa que antes de "speaker" son corredor popular, e entendo moitas posturas e comentarios.
O tema da entrada en meta, e máis cando se trata dunha marathon, para min non tiña máis historia que ser o incrible momento donde das renda solta a tódalas emocións, a todo o esforzo, adicación, entrenamentos, sufrimento, etc, etc que só quen corre pode saber o que significa, polo que o feito de entrar cun fillo, amigo, familiar e facelo partícipe dese momento é algo do máis fermoso que se pode presenciar. Por esto cada vez que o veia, ademáis de emocionarme, non podía máis que alentalo e comentalo.
Entre estas foi cando me dixeron que non podía facelo, senón que debía de comunicar da inconveniencia desta práctica, xa que ademáis de ser motivo de descalificación, podía convertirse en algo masivo e polo tanto nun problema, e, (agora ven a parte dura) en caso de accidente un problema enorme posto que o seguro non tería porque cubrir os posibles danos con tódalas consecuencias que esto pode traer.
A min nun primeiro momento pareceume moi forte ter que dicirlle a ninguén que non podía entrar na meta da SÚA marathon co seu fillo en brazos, pero non vou negar que si que vin que se trata dun tema moi complexo e de delicado enfoque.
Por esto me apeteceu comentalo para aportar outro punto de vista e facer ver, e esto seino ben pola parte que me toca, que dende a organización teñen en conta todas e cada unha das opinións que lles chegan, e que sempre tratan de facelo o mellor posible para mellorar día a día cada evento.
É por este, e por outros moitos motivos polo que me sinto moi afortunado de poder formar parte desta gran familia que somos os "deportistas" e aquí meto a absolutamente todo aquel que poda ter algo que ver con cada carreira ou evento.
Killoke, perdoa por facerte "vomitar" jeje, non era a miña intención, o meu único fin ademáis da labor obvia de información, organización, etc. que me toca, é intentar por tódolos meus medios animar e alentar a cada participande do xeito que mellor sei (E creme que me sae moi de dentro, así que senón gusta é porque non sei facelo mellor, non por falta de sentimento).
E non sei o que me van mandar facer en vindeiras carreiras, pero o que si vos podo garantir e que sexa no tema entrada con nenos ou con calquera outro tema esta organización vai a telo en conta, pensalo e analizalo para buscar a mellor solución que se lles ocorra, e xa acertarán ou fallarán, que sonche humanos coma os máis, pero co van facer ca mellor das intencións podo aseguralo sen medo a equivocarme.
Pedazo ladrillo para primeiro post.... non vos caguedes moito en min... jajaja
Gracias infinitas por facer entre todos que este domingo fora unha festa inolvidable para moita xente, para min o primeiro!!!
Enoooooormes!!!! Cracks!!!!