Lun, 05 Mai 2014, 11:26
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)
Gracias pola participación e pola comprensión de tódolos corredores.
En primeiro lugar, pedir disculpas dende a organización polos erros que se puidesen cometer, que sempre hai e sempre haberá en tódalas carreiras, pero que se intentan sempre solventar o mellor e máis rápido posible.
Moitos dos que organizades ou organizastes algún evento saberedes das dificultades que supón organizar un evento (de calquera índole e tamaño), non só en canto a temas burocráticos e financiación, senón en canto a nivel organizativo e disposición de persoal voluntario, tanto antes, como durante e despois do evento.
Dende a organización tamén se quere pedir disculpas polo desvío do recorrido dos rapaces (11 a 16 anos) nun dos cruces (os 5 primeiros xiraron ben e os seguintes xa non...), e consecuente preocupación dos pais e tamén da organización (que se puxo máns á obra para buscar unha solución e localizar a todos). Quérese mencionar que ía unha bicicleta da organización diante e outra detrás, e que estaba marcado o recorrido, pero quizáis nese punto perdeuse o contacto visual entre o 5º e o 6º corredor, polo que este último xirou no sentido equivocado e o resto seguírono...). Enténdese que se necesitaba recalcar a frecha de dirección do percorrido ou dispor dunha persoa da organización nese punto. Fíxose un reconto do número de participantes, chamouse o rapaz que facía de "escoba", movilizáronse varios vehículos da organización e localizáronse a todos. Finalmente contabilizáronse todos en meta. En anos venideiros posiblemente se cambie o percorrido a dúas voltas polo paseo do río Mercurín e campo da feira, para evitar este tipo de incidentes (ademáis de facelo máis visual para os familiares).
Con respecto a recollida de dorsais, queremos pedir disculpas por que se votou o tempo enrriba debido a unha mezcla entre falta de persoal, moita participación de rapaces, así como recollida de dorsais de rapaces de última hora, e tamén que quizais se deberían poñer máis mesas repartindo dorsais (esto tamén un pouco foi debido a falta de persoal).
Puxéronse no taboleiro os listados de recollida de dorsais (por categorías e dentro de éstas por orden alfabético), para verificar o número de dorsal e así facilitar a labor na mesa de entrega. En moitos casos tívose que buscar o dorsal do corredor na propia mesa, o que tamén ralentizou un pouco a entrega. Pídese tamén disculpas.
No taboleiro tamén se puxeron as distancias actualizadas da carreira, así como o regulamento e categorías oficiais.
O perfil do percorrido estaba actualizado, por moito que pareza o de anteriores edicións.
No taboleiro publicáronse tamén os percorridos dos rapaces.
A entrega de trofeos, faise o final da carreira absoluta, coma tódolos anos (para que así todos estén presentes). E sempre o máis rápido posible para evitar que a xente que é de lexos se lle faga moi tarde. Lamentablemente os retrasos iniciais (recollida de dorsais de rapaces e consecuentemente das saídas) quizáis provocaron que a entrega fose un pouco máis tarde que outros anos.
Con respecto a zona do recorrido que comenta un corredor local sobre que parecía un "estercolero", non sabemos a que se refire exactamente, salvo zoas con lama (que é parte do percorrido). Por moito que nos doa, esas zonas as veces existen e salvo que xente voluntaria se preste a limpala, sería dificil para a organización ter que realizar tamén esa labor (que quizáis é máis unha labor do pobo ou concello). Limpouse por parte do concello e organización unha zona de caída de árbores e desbrozouse unha parte bastante "sucia" de vexetación, que é o que se creeu convinte para evitar caídas innecesarias, ademáis da colocación de bloques para o paso por un dos moitos regatos.
O chocolate creo que chegou ben para todos, de feito aínda sobrou. Quizáis en algún momento de entrada masiva de xente non houbese, pero repúxose o antes posible.
Finalmente agradecer as críticas constructivas, dos que así o fan, con ánimo de colaborar e engrandecer este noso deporte (e neste caso este evento). Tamén esperamos clarificar un pouco ese puntos que as veces se critican sen ter tódolos datos ó respecto.
Un cordial saúdo a todos. ¡Vémonos en anos vindeiros!