Foros ›
VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Rafiki76

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/06/12
71 Carreiras
175 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 29 Abr 2014, 8:48
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

guti290971 escribió:
Dende Boimorto iremos uns poucos :
Norris , Alberto , Guti , e por suposto o local Rafiki , que nos fará de lebre....

Por suposto, mañán doulle unha volta o percorrido e afino a táctica. Ti tranquilo que pode ser un día para que recuperes os galóns perdidos.
elcharli

Maratoniano
Maratoniano
16/04/12
0 Carreiras
590 Mensaxes
Cecebre
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 8:07
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Saludos a todos. Ayer tuvimos un día perfecto para correr por los montes de Ordes. Y digo montes con total exactitud, porque el circuito era un continuo sube y baja por medio del bosque, del monte, del barro, de los charcos, del río. Hasta el kilómetro tres y medio una subida de aúpa, luego relajaba un poco y del 5 al 8 se llevaba bien, pero ahí en el 8 había una subida impresionante para terminar de reventar, luego la bajada hasta la meta en el 10 era una bendición.
Bonita carrera, pero bastante dura.
Ponerle un pero a la organización, el tema de los dorsales hay que organizarlo un poco mejor, porque fue un caos la recogida de los mismos.
Por lo demás, un aplauso para los organizadores.

Charli
joseduarria

Novo foreiro
Novo foreiro
26/01/12
0 Carreiras
19 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 8:56
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

carrera chulísima, el único problema los dorsales, buena compañía guti, norris, rafiki, etc .
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 10:27
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Poi si, chulísima carreira e sobretodo polo amor co que se fai. A intención da orgaización sempre é a mellor, logo polos motivos que sexan, pode sair unha carreira mellor ou peor, e me consta que houbo problemas que solucionarán ou evitarán no futuro. Pero tendo en conta o ambiente festivo, o que traballaron para conseguir que un ano mais Angeles Rodriguez e amgos/as e familia, un día de disfrute do deporte de correr para ese concello d Ordes, foi moito, cónstame e creo que é para aplaudirlle.
elcharli

Maratoniano
Maratoniano
16/04/12
0 Carreiras
590 Mensaxes
Cecebre
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 10:53
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Totalmente de acuerdo !!!

Charli
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 11:27
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Pola miña parte chapeu,fun o primeiro en recoller o.dorsal polo tanto perfecto,a carreira chulísima,boa forma de pasar unha xornada festiva.Gracias a organización por todo.
Rafiki76

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/06/12
71 Carreiras
175 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 12:27
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

MIOTE escribió:
Poi si, chulísima carreira e sobretodo polo amor co que se fai. A intención da orgaización sempre é a mellor, logo polos motivos que sexan, pode sair unha carreira mellor ou peor, e me consta que houbo problemas que solucionarán ou evitarán no futuro. Pero tendo en conta o ambiente festivo, o que traballaron para conseguir que un ano mais Angeles Rodriguez e amgos/as e familia, un día de disfrute do deporte de correr para ese concello d Ordes, foi moito, cónstame e creo que é para aplaudirlle.

Non dubidamos das boas intencións pero certas cousas xa se comentaron o ano pasado e ahí seguen se amañarse: non é tan complicado ordenar un excel por orden alfabético para recoller os dorsais, facer categorías...etc, actualizar o plano, distancia e perfil do recorrido - figura o das primeiras edicións- , axilizar a entrega de trofeos, cumplir cos horarios, que non se perda a xente e para colmo os nenos por falta de persoal, que haxa chocolate para todo o pobo - me parece perfecto - e que haxa problemas para que llo den a xente que correu, limpar unha zona que estaba como un estercolero - o no seu defecto meternos ese tramiño pola pista e aforrabamos os de fora ese lamentable espectáculo - que falamos dun cross ambiental... vamos que as veces xa non da a sensación de organización precaria se non dunha certa deixadez. ¿Falta de medios? pode ser pero sempre é un mérito saber sacar partido do que temos que penso que é abondo.

Dito todo esto con todo o cariño como persoa da zona que corre habitualmente polos paraxes que desfrutamos onte pasando por tramos que a pesares de estar tan preto dunha zona urbana ainda gardan o encanto do rural, tan dificil de conseguir nestes tempos de concentración parcelaria. Sacan o máximo partido dunha onde non é doado facelo.

Eu ofrezome para aportar ideas e axuda para que entretodos ista proba millore a vez que conserva o seu caracter eminentemente popular cunha cronometraxe a man perfecta, un bo ambiente, gran participación local e familiar...etc que ten moitas cousas boas pero creo que sempre é obriga dos que apreciamos unha proba falar do que se pode millorar.

Tamén unha aperta a toda a familia e simpatizantes da Atlética A Silva onde teño bos amig@s e compañeir@s devorakilómetros.

Vémonos para o ano que ven.
Rafiki76

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/06/12
71 Carreiras
175 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 12:28
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

E por certo, que a moitos os gusta, a clasificación:

docs.google.com/file/d...edit?pli=1
atletismoordes

Novo foreiro
Novo foreiro
6/01/11
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Mai 2014, 11:26
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Gracias pola participación e pola comprensión de tódolos corredores.

En primeiro lugar, pedir disculpas dende a organización polos erros que se puidesen cometer, que sempre hai e sempre haberá en tódalas carreiras, pero que se intentan sempre solventar o mellor e máis rápido posible.

Moitos dos que organizades ou organizastes algún evento saberedes das dificultades que supón organizar un evento (de calquera índole e tamaño), non só en canto a temas burocráticos e financiación, senón en canto a nivel organizativo e disposición de persoal voluntario, tanto antes, como durante e despois do evento.

Dende a organización tamén se quere pedir disculpas polo desvío do recorrido dos rapaces (11 a 16 anos) nun dos cruces (os 5 primeiros xiraron ben e os seguintes xa non...), e consecuente preocupación dos pais e tamén da organización (que se puxo máns á obra para buscar unha solución e localizar a todos). Quérese mencionar que ía unha bicicleta da organización diante e outra detrás, e que estaba marcado o recorrido, pero quizáis nese punto perdeuse o contacto visual entre o 5º e o 6º corredor, polo que este último xirou no sentido equivocado e o resto seguírono...). Enténdese que se necesitaba recalcar a frecha de dirección do percorrido ou dispor dunha persoa da organización nese punto. Fíxose un reconto do número de participantes, chamouse o rapaz que facía de "escoba", movilizáronse varios vehículos da organización e localizáronse a todos. Finalmente contabilizáronse todos en meta. En anos venideiros posiblemente se cambie o percorrido a dúas voltas polo paseo do río Mercurín e campo da feira, para evitar este tipo de incidentes (ademáis de facelo máis visual para os familiares).

Con respecto a recollida de dorsais, queremos pedir disculpas por que se votou o tempo enrriba debido a unha mezcla entre falta de persoal, moita participación de rapaces, así como recollida de dorsais de rapaces de última hora, e tamén que quizais se deberían poñer máis mesas repartindo dorsais (esto tamén un pouco foi debido a falta de persoal).

Puxéronse no taboleiro os listados de recollida de dorsais (por categorías e dentro de éstas por orden alfabético), para verificar o número de dorsal e así facilitar a labor na mesa de entrega. En moitos casos tívose que buscar o dorsal do corredor na propia mesa, o que tamén ralentizou un pouco a entrega. Pídese tamén disculpas.

No taboleiro tamén se puxeron as distancias actualizadas da carreira, así como o regulamento e categorías oficiais.

O perfil do percorrido estaba actualizado, por moito que pareza o de anteriores edicións.

No taboleiro publicáronse tamén os percorridos dos rapaces.

A entrega de trofeos, faise o final da carreira absoluta, coma tódolos anos (para que así todos estén presentes). E sempre o máis rápido posible para evitar que a xente que é de lexos se lle faga moi tarde. Lamentablemente os retrasos iniciais (recollida de dorsais de rapaces e consecuentemente das saídas) quizáis provocaron que a entrega fose un pouco máis tarde que outros anos.

Con respecto a zona do recorrido que comenta un corredor local sobre que parecía un "estercolero", non sabemos a que se refire exactamente, salvo zoas con lama (que é parte do percorrido). Por moito que nos doa, esas zonas as veces existen e salvo que xente voluntaria se preste a limpala, sería dificil para a organización ter que realizar tamén esa labor (que quizáis é máis unha labor do pobo ou concello). Limpouse por parte do concello e organización unha zona de caída de árbores e desbrozouse unha parte bastante "sucia" de vexetación, que é o que se creeu convinte para evitar caídas innecesarias, ademáis da colocación de bloques para o paso por un dos moitos regatos.

O chocolate creo que chegou ben para todos, de feito aínda sobrou. Quizáis en algún momento de entrada masiva de xente non houbese, pero repúxose o antes posible.

Finalmente agradecer as críticas constructivas, dos que así o fan, con ánimo de colaborar e engrandecer este noso deporte (e neste caso este evento). Tamén esperamos clarificar un pouco ese puntos que as veces se critican sen ter tódolos datos ó respecto.

Un cordial saúdo a todos. ¡Vémonos en anos vindeiros!
atletismoordes

Novo foreiro
Novo foreiro
6/01/11
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 7:34
Asunto: Re: VI Cross ambiental Concello de Ordes (01/05/14)

Estanse a actualizar/publicar as clasificacións, fotos e noticias no Blog do Cross Ambiental
Blog Cross Ambiental de Ordes

CLASIFICACIONES:
CLASIFICACIONES VI CROSS AMBIENTAL + II ANDAINA

***Editado: As fotos no seu correspondente foro de Fotos e Videos,vamos a respetar as normas do Foro,Grazas***

NOTICIAS:
(Quérese resaltar que o gañador da proba foi David Santos (de ORDES) e non Saúl Zúñiga (2º clasificado), como indican estas noticias)
El Correo Gallego
Web Mancomunidade de Ordes
Web Ordessiete





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos