Foros ›
[DU] I DUATLON POPULAR STA. MARIÑA - (17/5/2014)
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
manoloadvincios

Novo foreiro
Novo foreiro
3/04/14
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Mai 2014, 22:29
Asunto: [DU] I DUATLON POPULAR STA. MARIÑA - (17/5/2014)

Ola amig@s, aqui tedes o Regulamento do DUATLON que organizamos en Vincios, que ademais de popular, tamen e un pouco particular, pois solo faremos unha transición pois primeiro temos CARREIRA (4 Km.) e despois BICI DE MONTAÑA (16 Km.), con entrada en Meta en Bici, espero a vosa participación e a nosa proposta.




I DUATLON POPULAR STA. MARIÑA (20 Km.)

Sabado, 17 de Maio de 2.014 as 5 da Tarde

CAMPO DE FUTBOL DE A PASAXE (Vincios – Gondomar)

REGULAMENTO DO DUATLON

1º - A Agrupación Deportiva Vincios, organiza o Sabado, 17 de Maio de 2014 a I DUATLON POPULAR STA. MARIÑA (20 Km.), que dará comenzo as 5 da Tarde.

2º - Poderan participar atletas federados ou non federados, con idade minima de 16 anos, os menores de idade poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor que entregara o recoller o dorsal, e será imprescindible para participar o uso de BICI DE MONTAÑA e obligatorio o CASCO.

3º - O DUATLON POPULAR (20 Km.) terá 1º una proba de carreira a pé de 4 Km. nun circuito mixto de asfalto e terra, e despois a proba de Bici de Montaña (16 Km.) con 4 voltas o circuito da carreira, excepto nun tramo que cambiamos asfalto por outro de terra, como diferenza o Duatlon clasico non habera outra transición, a entrada en meta sera coa proba de Bici.

4º - PREMIOS:A entrega de premios terá lugar as 20 horas
No Duatlon Popular reciben TROFEO os tres primeiros absolutos Femininos e Masculinos.
Trofeo o 1º e Medalla o 2º e 3º Feminino e Masculino da categoría: Veteran (35 anos en adiante).

5º - INSCRICIÓNS: Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto, email e nome da PROBA.

O prazo de inscrición no DUATLON POPULAR remata o Martes, 13 de Maio as 24 horas e terá una Cota de Participación de 5€ (inclue Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, Bolsa de merenda e dorsal).

As inscricións farase no email: vinciostm @ gmail.com, SERVIOCIO Piscina Ramallosa ou no CENTRO CULTURAL DE VINCIOS e o pago nos CAIXEIROS de LA CAIXA ou por transferencia na conta nº 2100 5752 67 0200079253 – La Caixa (Gondomar). Xunto coa comunicación por mail, adxuntarase xustificante do pago realizado.

6º - DORSAIS: Entrega o Sabado, 17 de Maio de 10:30 a 16:30 horas no Campo de Futbol de A Pasaxe en Vincios , debendo os PARTICIPANTES levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e na Bici.

7º - SERVIZO DE GARDERIA: Durante o DUATLON POPULAR, contaremos cun Servizo de Garderia para os fill@s dos participantes no mesmo. Cada nen@ terá una acreditación cos datos personais, autorización firmada polo Pai ou Nai e Tef. de contacto.

8º - DUCHAS E VESTIARIOS: Contamos cun servizo de duchas de agua quente e vestiarios no Campo de Futbol e lavado de bicicletas o rematar a proba.

9º - SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL durante o evento.

10º - DESPRAZAMENTOS: A cargo dos participantes e recomendamos deixar os VEHICULOS na zona do Poligono de A Pasaxe na PO-330, ou na PO-331 , poi na zona proxima o Campo de Futbol estaran cortados os viales, asi como os acesos as naves na parte posterior do Campo de Futbol.

11º - A organización declina toda responsabilidade respeto aos incidentes físicos ou psicoloxicos, anteriores ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes deste DUATLON.

12º - DESCALIFICACIÓNS: Seran motivos entre outros os seguintes, non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipulado, falsificar os datos personais.

13º - CONTROL: O Duatlon será controlado polos Xuices da Organización que terá como máximo responsable o Xuíz Arbitro. Todalas reclamacions serán atendidas ata 30 minutos como máximo despois do final da Proba.

14º - INFORMACIÓN: Agrupación Deportiva Vincios paxina webb: www.advincios.blogstop.com ou no email: vinciostm @ gmail.com .

Situación do Campo de Futbol de A Pasaxe en Vincios : 42.15444 N -8.721756 O

Como chegar desde ( A Coruña – Santiago - Lugo – Pontevedra) AP9 > AG 57 saída 17 en Vincios, dirección Gondomar por PO-331 a 200m a dereita esta o Campo de Futbol.

Desde Ourense A52 > A55 > AG57 saída 17 en Vincios …

Desde Vigo pola PO-330 dirección Gondomar, ata chegar a PO-331, a dereita dirección Gondomar esta o Campo de Futbol.



Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Agrupacion Deportiva Vincios informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a vinciostm @ gmail.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos