Sáb, 12 Xul 2014, 11:52
Asunto: Re: II Carrera Becerreá Contra el Cáncer (05/07/14)
Non son a persoa máis obxetiva para dar a miña opinión sobre esta carreira tento en conta que é a carreira de casa, pero vou poñer por aki o que me pareceu esta segunda edición.
Personalmente creo que melloraron bastantes aspectos organizativos con respecto ao ano pasado, especialmente a eliminación da bucle conflictivo e o recorrido estaba moito mellor marcado, con alguén en cada cruce ou un cartel indicando claramente a dirección.
Algún fallos que observei foi que se colaron coches no circuito e para min o máis importante sempre debe ser a seguridade dos corredores. De todos xeitos, comprendo que moitas veces esto non é estrictamente culpa da organización e, por sorte, os coches son bastante respetuosos.
Tampouco me convenceu o tema dos horarios pq a primeira carreira se retrasou basntante. Eu creo que había moita separación entre a dos nenos e a dos adultos. Entendo que a carreira estaba pensada para os nenos do pobo e da un pouco igual saír as 17:00 que media hora máis tarde, pero se ven xente de fora ao mellor non lle é tan indiferente.
E por último, e non pola miña parte, senón polos comentarios que fun escoitando, está o tema da bolsa de corredor. Eu creo que se lle debía dar a cada corredor xusto despois de rematar a carreira. Se no reglamento estaba especificado que non había camisetas para todos e só se lle daban aos X primeiros clasificados, pois respetalo, e se os últimos se quedaban sen camiseta, pois teñen dereito a protestar pero no reglamento estaba claro e cando se participa nunha carreira, acéptase o reglamento. Outro debate sería se o criterio era xusto. O que non pode ser é que despois de esperar ata o final, a xente se quedara sen camiseta ou tivera que ir preguntando para saber onde as daban. Por sorte, creo que este fallo é fácilmente solucionable e quedará nunha mera anécdota.
En xeral creo que estivo moi ben a carreira e xa llo cometei en persoa a xente da organización e o ratifico neste foro: estades facendo un gran traballo para sacar esta carreira adiante e sempre contarades co meu apoio. E pulindo estos pequenos detalles, seguro que se consolidará no calendario pq o percorrido deste ano pareceume moi divertido, compensado e entretido. Outro punto sería cambiar a data para atraer a máis xente para seguir crecendo.
Un saudo.
PD: Por agora vamos 2-0, seguro que para o ano que ven me mollades a orella ti e Saúl
www.24gramos.blogspot.com