Lun, 05 Mai 2014, 21:44
Asunto: Re: EMPEZAR A CORRER DESDE CERO
Moi boa idea a do diario , Corrin. Eu tardei en animarme a facer un, pero si que resulta útil, porque é un xeito de autoanimarse a seguir, como facer marcas no calendario. Ademais sempre acabas entrando nos diarios doutras persoas, collendo algunha idea ou consello, copiando circuítos por onde ir.
E que che vou dicir dos turno de traballo, a plancha, a cea... real como a vida mesma, e así andamos tod@s. O bo do asunto é que isto de correr, en vez de roubar tanto tempo, o que acaba é dando mais ánimos para soportar o ritmo laboral e doméstico que nos atrapa tantas veces.
Conforme poñas o diario en marcha, seguro que me tes entre o público seguidor.