Foros ›
VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 1:01
Asunto: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Xa hai tres anos da derradeira edición da Carreira das Agüiñas. Foi o 08 de maio de 2011 cando parou o pulso desta carreira por mor dunhas obras de execución dun vial ó carón das nosas instalacións, causa que ademais de afectar a esta carreira, tamén afectou no planning de adestramentos. Tentamos facer a VII edición no ano 2012, pero as instalacións estaban impracticables. A verdade é que estivemos no club un tanto tocadxs anímicamente!.



Cando se toca fondo tan só queda mellorar, así que decidimos poñer todo o noso empeño en recuperar o pulso desta carreira. Debémolo á anterior diretiva, posto que é un proxecto que consolidaron con solvencia ano tras ano. Nesta carreira logrouse chegar a xuntar ata a 1.000 participantes entre cativxs e adultxs, priorizando sempre na participación dxs máis pequenxs, que foi o fío conductor dende a primeira edición.

A VII Carreira As Agüiñas será o día 18 de maio nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.

Anticipamos que a carreira será de balde. Entendemos que por correr non podemos cobrarlle un duro á xente, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

Hai unha novidade que imos a cumplir escrupulosamente, e é que a xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 15 de maio non debería ser problema.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar para que esta carreira volte a recuperar o pulso que perdeu anos atrás!.






Última edición por Club_Atletismo_Porriño o Mér, 23 Abr 2014, 11:22; editado 1 vez
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
672 Mensaxes
O Porriño
Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 7:05
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (08/05/2014)

Moi ben, moi ben!! teño constancia da teima desta directiva por recuperar esta entrañable carreira e que a mesma fose de balde...somentes queda agradecemento e que todos os que poidan acudan a participar!! Aplauso Aplauso
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1492 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 9:01
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (08/05/2014)

Tendes que cambiar a data do título do post e do calendario se é o día 18 de maio


Un saúdo

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 9:01
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (08/05/2014)

Allí estaremos. Aplauso Hace tiempo que no me paso por la zona y no sé cómo están las instalaciones, ¿el recorrido será más o menos como el de las ediciones anteriores, ese sube y baja por detrás del campo de fútbol?

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 11:23
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Moussambani escribió:
Tendes que cambiar a data do título do post e do calendario se é o día 18 de maio


Un saúdo
UPS!!,
modificado. A data é o día 18 de maio. Foi un erro ó facer a entrada
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Abr 2014, 12:03
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (08/05/2014)

DoctorSlump escribió:
Allí estaremos. Aplauso Hace tiempo que no me paso por la zona y no sé cómo están las instalaciones, ¿el recorrido será más o menos como el de las ediciones anteriores, ese sube y baja por detrás del campo de fútbol?

Tal cual DoctorSlump!. Variarase lixeiramente (eu penso que a mellor) para tentar dar menos voltas das que se daban antes e evitar os incordios para a xente que dobla.

Pásate un día a saludar!!!. Saúdos.
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Abr 2014, 21:38
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Xa tendes os circuitos na páxina web no espazo habilitado para a carreira.
Podedes consultalo eiquí.

Por outra banda, respecto das inscricións, comentarvos que cando abrimos as inscricións, tivemos un problema cos navegadores firefox e explorer ó introducir a data de nacemento. Debería sair unha ventana emerxente cun calendario e non o fai polo momento. Mentras non o solucionamos, a xente que se queira inscribir, ten que introducir a data de nacemento manualmente, pero OLLO, no formato (AAAA-MM-DD) é dicir (Ano-Mes-Día) separado con guións e non con barras verticais. Este asunto estamos a amañalo. Esperamos solucionalo canto antes.

Seguiremos informando!!!

Saúdos.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 06 Mai 2014, 21:23
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Esta semana toca Vigo y si todo va bien ya nos apuntamos el lunes para As Agüiñas, que además entra en el circuito según leo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
CondeCrapula

Novo foreiro
Novo foreiro
27/03/13
4 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2014, 9:25
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Moi boa nova que haxa carreiras nas que se pon tanto mimo e ademáis son de balde, espero que sexa unha festa do atletismo popular para todalas idades.
chancletas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/02/10
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2014, 21:51
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Pinta ben esta carreira, haberá que ir!!!!
tette

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
7/09/05
0 Carreiras
1252 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 7:59
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Carrerón!!!

Este ano creo que sortean unha moto entre os participantes

Para llegar primero, primero hay que llegar

No te tomes la vida en serio. Al fin y al cabo no saldrás vivo de ella.
ivreguera

Novo foreiro
Novo foreiro
9/09/12
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 17:18
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Mr. Green Volta ao campo a través! Eu penso ir facer ese pequeno laberinto!

Moi recomendada
bulebule

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/11
298 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 21:44
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Que bueno!!! a por ela
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Mai 2014, 9:44
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

CondeCrapula escribió:
Moi boa nova que haxa carreiras nas que se pon tanto mimo e ademáis son de balde, espero que sexa unha festa do atletismo popular para todalas idades.

Iso é o que agardamos. Graciñas!.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1879 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Mai 2014, 11:42
Asunto: Re: VII Carreira As Agüiñas. O Porriño (18/05/2014)

Otro más para el Grupo de Salida y mi total apoyo a la medida de sus pensión al que se apunte y no aparezca.
Cuesta mucho esfuerzo sacar una carrera adelante (y aún por encima gratuita).
Ojalá todo salga bien





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos