Mar, 13 Mai 2014, 20:27
Asunto: Re: VII Carreira Pedestre de Outes (17/05/14)
Pois hoxe pola tardiña fun facer o percorrido, e está en boas condicións para correr, para os que non viñeron nunca vou facer unha descripción do mesmo, pode haber algunha diferencia cas referencias Kilométricas dependendo da colocación do arco de Saida/Meta.
O 1º Km. por asfalto é practicamente chan
No 1,200 ao pasar a Gasolinera direción Noia subida de 50 mts. duros, ao rematala enlazamos co 1º tramo de terra en baixada uns 100mts e subidiña lixeira duns 50 mts para a continuación baixar por terra uns 150mts.
Km 2 con varios sube e baixas do 2,600 ao 3000 subida dura por asfalto e posterior baixada polo outro lado de case 200 mts. A partir de ahí outro tramo en terra duns 500mts. cunha lixeira subida ao final deles duns 70 mts. suaviños e xa estamos no km4.
Agora baixada e outro tramo por terra cunha subida duns 300 mts. sendo a mitad deles duros. P.k. 4500 e entramos no asfalto para facer 500 mts. chans e chegar ao Km 5 de carreira (control de chip) baixada de 150 mts e subida tendida de 200 (por aquí, debe estar o avituallamento).
A partir de eiqui so queda unha subida o resto xa é baixar e llanear. Por asfalto e terra.
No pto. Km. 7 está a derradeira subida da carreira, xusto ao pasar a Ponte do Ruso (fermosa ponte de granito do ano 1746 cun único arco de medio punto de 11,5 mts. de longo que cruza o rio Tines).
Aquí temos 170 mts. duros por terra, pero xa temos rematada a carreira en canto a dificultades xa que dende aqui Km7,300 máis ou menos e todo doado para voar os que teñan forzas.
Ao chegar o P.k.8,400 entramos no paseo fluvial a carón do Río Tines, sendo algo máis dun kilómetro. (Precaución despois de pasar ao lado do concello e despois dunha caseta/transformador de cor branca hai un estreitamento no paseo, con vallas de obra).
Rematamos o paseo, cruzamos pola ponte/pasarela de madeira o río Tines e so quedan 500 mts. e a carreira está rematada.