Mar, 13 Mai 2014, 7:52
Asunto: Re: II Trail Vila de Cuntis (6-7-2014)
Este fin de semana pasado quedou o recorrido perfilado. Saen sobre 28 km e 1380 m de desnivel positivo. Esperarei uns días para colgar o perfil porque aínda lle temos que dar outra volta para ver posibles alternativas.
Ao longo desta semana quedará feito o cartel, reformado o regulamento e abriremos inscricións. Como xa comentara, o prezo mantense igual que o ano pasado nos 14 €, o cal, ademais de participar na carreira, seguros e avituallamentos, dará dereito á bolsa do corredor composta de mel e queixo de Cuntis, comida final (callos) e posibles regalos que poidamos conseguir.
Teremos tamén unha andaina de 14 km que discurrirá na súa primeira parte polo recorrido da carreira e a segunda pola marxe dos ríos Umia e Gallo. Está andaina terá un prezo de 2 €.
Esperemos que este ano non nos apareza un día tan caluroso coma o do ano pasado no que se alcanzaron, precisamente no Cabalar, os 44º.
Con respecto ao comentario do noso amigo Galvao sobre a parte do Monte Cabalar, comento que a supresión non é pola dureza nin porque non hai sombra por ningún lado, simplemente é que quero facer que o recorrido da carreira discurra só polos montes do Concello de Cuntis e unha parte do Cabalar pertence ao veciño Concello de A Estrada.
Toda a información que vaia xurdindo con respecto a este evento, comunicarémola neste foro e na nosa páxina web
www.cdmxesteiras.com/
Saúdos.