Mér, 14 Mai 2014, 14:42
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Ben chulos, si señor!!
Bueno, entramos nas derradeiras horas para que os indecisos podan proceder á inscrición na carreira. Lembrar que
mañán, xoves, as 14.00 horas pecharase dito prazo.
Como moitos saberedes, -sobre todos os futboleiros-, o fin de semana pasado deparou uns resultados que case ninguén esperaba, con respecto ó final da liga de futbol. Así un partido que fai unhas semanas parecía que iba a ser medio intrascendente, convirteuse nunha final de aúpa: o Barcelona-Atlético de Madrid. Ademáis xógase xusto á mesma hora da carreira. En fin...
Esto levounos a ter que tomar unha decisión en previsión de que vai a haber coches de aficionados que van a ir ver o partido ós bares que hai nas inmediacións circulando perto da liña de meta, e en aras de aumentar a seguridade dos corredores das carreiras infantiles, decidimos que estes corran o mesmo percorrido dos benxamíns do ano pasado, un circuito de 600 metros, de xeito que non teñan que pisar a estrada de Vixán á Capela.
Así os benxamíns realizarán o mesmo recorrido previsto (unha volta=600 metros). Os alevíns e infantiles, que iban a facer unha volta de 900 metros, pasarán a facer o recorrido anterior pero dúas veces (2 x 600 = 1.200 metros), e son os únicos ós que se lle modifica a distancia. Os cadetes, correrán tres voltas ó circuito de 600 metros, manténdose nos mesmo 1.800 metros que estaban previstos.