Lun, 05 Mai 2014, 21:24
Asunto: Re: III Carreira pola Ría do Burgo (1 de xuño)
Como comenta RadicalMarc1 a zona de saída non é necesariamente desde o carril bici: a esa altura do paseo a parte peatonal ten dous niveis, un deles desde o que se dará a saída.
En canto ao xiro de 180 graos e o posible embotellamento, tede en conta que o punto do mapa é aproximado, saíndo un pouco máis atrás na recta non debería haber problema.
Sobre o de que a zona era mellor a do ano pasado: este ano temos previsto facer unha festa na explanada, con actividades para os nenos, e xantar para participantes e público en xeral, por iso o cambio de ubicación.
En canto ao horario da carreira dos nenos, valorarémolo Vagoal, imos ver que outras actividades organizamos para eles e como podemos coordinar todo
Grazas polas suxerencias a todos!
www.castelodeporte.gal