Meghel escribió: |
Graciñas a todos os que hoxe correstes nesta I Carreira Camiño das Letras. Agradecemos tamén os vosos comentarios pois axúdannos a mellorar de cara ó ano que vén. En canto á distancia, variou porque bordeamos a aldea de Vilamaior para evitar unha zona moi estreita entre casas que podería ser perigosa e, ademais, finalmente o técnico do percorrido aconsellounos un circuíto distinto no Monte do Gozo para darvos máis protagonismo ós atletas na entrada a meta. Por iso bordeastes case todo o perímetro do recinto para que o público que estaba na meta vos vise dende máis lonxe. |