Xov, 22 Mai 2014, 14:26
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Atentos, vai ladrillo, o que avisa non é traidor!!
Despois duns días de repouso para poder analizar con racionalidade esta edición da carreira Virxe da Guía, teríamos que empezar polos puntos positivos:
O aspecto solidario que tiña esta proba coa aportación de alimentos para Cáritas foi todo un éxito. Desde aquí facervos partícipes da alegría da xente de Cáritas sobre o comportamento de corredores adultos, nenos e público. Recolleronse ó pe duns 140 kg de material, que seguro que lle virá fenomenal a moita xente.
Tamén darlle as gracias ós –poucos- que valorástedes neste foro a carreira, tanto nos momentos previos como posteriormente á carreira. De todos xeitos, bótase en falta as críticas que axudan a mellorar as carreiras.
Gracias á xente da organización xa non se lle pode pedir máis: dan o 100%. Gracias tamén a Protección Civil e Policía Local, que montaron un dispositivo "profesional, muy profesional", como diría Manquiña. Moitas gracias a tod@s.
No lado negativo, moitas cousas que relatar. Por un lado decir que moita sorte tampouco tuvemos con esta edición, que trastocaron unha organización con moitas horas de planificación: o cambio de hora do partido máis trascendental de toda a liga para a mesma hora da carreira
; o xoves, dous días antes da carreira, o sol do mediodía derreteu a estrada na zona de salida que foi rápidamente arranxada polo Concello, aportando a gravilla que xa vístedes, e sufrístedes;
despois de todo un ano con tempo invernal, píllanos a primeira vaga de calor
; xente que debía estar na organización da liña de meta non pudo comparecer tendo que botar man de xente menos experta nesas lides; no meu caso, ás 18.13, ca carreira lanzada, recibo unha chamada da central de alarmas de que saltou a alarma na miña empresa (en Ribeira estamos en plena psicosis polos roubos), co conseguinte abandono das miñas obrigas na carreira; o meu ordenador quedou esquencido na casa (bueno, eso non é mala sorte: é mala cabeza!)
; o ordenador “suplente” non era compatible ca impresora; unha pequena lesión dun corredor non é atendido pola aseguradora: nervios entre os responsables da carreira cagándonos en todo tentando arranxar o desaguisado e volta a abandonar as nosas obrigas (ó día seguinte piden perdón porque foi un erro deles!!)…en fin…a pesar de todo, nada pode ser disculpa cando as cousas non salen ben. E así, unha das partes importantes de toda carreira, como son as clasificacións e a entrega de trofeos foi caótica e ahí xa toda templanza se foi a tomar viento e…en fin, un espectáculo que xamáis debería ter ocurrido e do que son o único responsable. Non queda outra que pedir perdón tanto ós afectados como ó público en xeral!! Entre os afectados quería salientar a
Victoria Eugenia García Sobrido, gañadora absoluta na categoría femenina, que non nos aparecía nos listados…encima, ela, amiga de varios membros da organización…eso si: a súa reacción é para sacarse o sombreiro
!!
O futuro? Primeiro, reconocer o fracaso deste proxecto de carreira. Sin paliativos. Tíñamos uns obxectivos a cumplir estos dous anos e non fomos quen de conseguilos nin de lonxe. Probamos diferentes “toques” para esta carreira calendada a mediados de primavera e sobre uns asequibles 10 km: con paella, sin paella, con bos avituallamentos, con camisetas técnicas, cas de algodón, con agasallos para os nenos, con 50 trofeos, con championchip, sin championchip…nada, non hubo forma de callar no público atlético. E non temos máis ideas
!!!
Pola miña parte, teño que reconocer que non son capaz de dar máis de min e que non volvo a repetir a experiencia. Polo tanto nos vindeiros meses tentarase que alguén agarre este touro polos cornos para que –ojallá!- se poda continuar gastando zapatilla por Carreira adiante!!!