Foros ›
VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1931 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 18 Mai 2014, 19:56
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

A mín case me pasou desapercibida (non figura ainda no calendario de CeG) e non vin que lle fixeran moita publicidade. Se non chegades a abrir o fío no foro, nin me enteraba.

Supoño que aos demaís lles pasará o mesmo, así que é de esperar que empecen a subir as inscripcións.

Polo de agora... un máis anotado!!!

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Mai 2014, 22:46
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Alguien conoce el circuito de la carrera? Es llano, sube-baja....
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 11:49
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Hola, alguén disposto a compartir coche / gastos para a carreira de Mazaricos do vindeiro sábado (24 de maio) saíndo dende A Coruña.
Saúdos
maka

Foreiro infantil
Foreiro infantil
20/01/14
0 Carreiras
108 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 17:16
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Polo de agora solo van 122 inscripcións na categoria absoluta. Moi poucas me parecen para unha carreira que reparte premios en metálico 1)550e 2) 400e e 3) 300e na clasificación absoluta tanto en categoria masculina como femenina.
pedralonga

Maratoniano
Maratoniano
20/08/10
0 Carreiras
205 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 17:30
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Para aumentar as inscricións axudaría que figurase no calendario e no circuíto.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4733 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 18:29
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

CircuitoCENG escribió:
Esta carrera entrará en el Circuíto tras hablar con la organización.

en el circuito ya esta,confirmado,en el calendario hay que decir que este año van un pelin lentos,estaran saturados

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2014, 20:31
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

lihto escribió:

en el circuito ya esta,confirmado,en el calendario hay que decir que este año van un pelin lentos,estaran saturados
Pues eso parece, que van lentos me refiero, de todos modos en el calendario en teoria puede incluir la prueba cualquiera, de hecho yo he incluido alguna, pero por los foros indicaban que despues solo las veia el autor....
maradona

Novo foreiro
Novo foreiro
21/05/07
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Mai 2014, 9:20
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Pero..¿Como é o circuito?
maka

Foreiro infantil
Foreiro infantil
20/01/14
0 Carreiras
108 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Mai 2014, 9:55
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

maradona escribió:
Pero..¿Como é o circuito?
Eso, eso... Agradeceríase que alguén comentara como é o perfil desta carreira. Grazas !!!
Bergantiños

Novo foreiro
Novo foreiro
26/05/13
17 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Mai 2014, 23:36
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Boas! Como participante na competición absoluta, nada que dicir. A carreira gustoume, o circuito pareceume bonito, pero esixente e ao final non choveu. Todo o demais, mellorable, sobre todo o caos organizativo que fixo que se retrasase o inicio das carreiras. O peor: o pifostio da carreira de pitufos. Vale q son pequenos e q eles o pasan ben igual, pero quizais por iso, porque son pequenos, hai que coidalo todo moito máis e non facer unha carreira por facer. Todo o que puido sair mal na de onte saíu mal. E iso que eran 300 metros! Houbo q dar a saída 2 veces, non se lles indicou ben por onde tiñan que ir, en vez de meterse cara meta seguiron correndo porque ninguén cortou a rúa que subía, fixéronlles dar media volta a machete e moitos deles acabaron correndo en sentido contrario aos outros coas conseguintes caídas. En fin: un despropósito. Máis q pitufos parecían polos sen cabeza por Mazaricos adiante. Penso q hai que ter un pouco máis de sensibilidade e non facer as cousas por facer, aínda q estou convencido q esa non era a intención. Polo menos os cativos pasárono ben, a ver se lle collen gusto a esto do deporte!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4733 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 25 Mai 2014, 18:04
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

bonita carrera,con bajadas,subidas y una recta enorme e interminable,gran nivel de galgos,y vecinos volcados,en definitiva me gusto,y a coste 0.un placer coincidir con maxi,quique y juanjo.por cierto,segun el garmin dio entre 9,600 y 9,700.saludos

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1931 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 25 Mai 2014, 18:33
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Buena carrera, rompepiernas, pero de las que dejan buen recuerdo. La organización muy bien, aunque la salida fue con un poco de retraso sobre el horario previsto.

Carrera gratuita, como bien dice Lihto (al cual me alegré de poder saludar, así como a varios conocidos más), de las que escasean cada vez más: pequeñas pero de gran corazón.

Habrá que esperar 16 años a volver a correr esta prueba, a menos que el concello de Mazaricos se anime a organizarla por su cuenta, quien sabe...

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
499 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2014, 21:16
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Ben, a verdade e que últimamente estanse pondo de moda as carreiras sen fotos. Alomenos así foi en Ordes e a pasada fin de semana en Mazaricos. Ademáis, tamén están os foros un pouco parados, así que ímos darlle un empuxonciño ó fío da carreira do Correo na Costa da Morte, a ver se desta arrancamos algún sorriso e de paso cae algún comentario.

Empezamos co ñam-ñam cedo que disque hai que correr. Así que veña algo lixeiro, fígado encebolado e arroz, un par de cafeses e arrancando que é moita hora. Desta vez ímos 3 desertores no vacamóvil, a fotógrafa oficial do equipo e un novo acompañante. Feita a recollida e con certa prudencia polo novo avechucho que nos acompaña, ímos descubrindo as nosas cartas: -alguén sabe como é a carreira?, pois non, isto de repetila cada 17 anos (cada ano hai unha edición nun dos 17 concellos da Costa da morte) non facilita moito a labor. -Eu vina no striviu e penso que hai algunha costiña!!!...eu non a vin no striviu pero vin que no foro nin Cristo contestou ó de cómo é o perfil? ergo, debe de ser a ostia e algo máis (hala, xa me vexo en Moeche outra vez)...doume conta de que son as 3.45 é a hora de se dopar. Métome un antibiótico para un flemón...antibiótico, figado encebolado, calcentíns do día anterior dados a volta, camiseta de algodón, decátome de que son un auténtico atleta...que digo atleta, un runner en toda regla!!!

En fin, tiramos de vacamóvil e chegamos a Carballo...ei...parón que hai proba ciclista, veña, ahí vai a miña credibilidade como chófer, chegamos as 17:15 a Mazaricos, hora límite, quen necesita calentar con este estrés !!!

Recollemos o dorsal e deciden restituirme parte da miña credibilidade choferística...hai algo de retraso, ides saír as 6...vedes, xavolodecíaeu.com
-E a carreira como ven sendo? Pois nada, subes por acó, baixas por alá, das acolá a volta e así...ajá, moi bien, moi bien que non me enterei de nada.

Saímos, somos pouquiños, será o efecto final de champions?...será. O caso é que empezamos xa cun bo ostión, subidón que te cagas...total que os 150 metros empezan a caer os primeiros miuras...xa volo dicía eu, que para arriba non axuda nin dios...xiramos e baixamos e xiro...e que? que fago eu, somos pouquiños...referencias? nin a primeira. Levamos un 1 km e vexo ás máquinas hai diante...fenómeno que son!!!...hai non que a maior parte é costa abaixo...ouuuuh. En fin, vexo a G. que no 10 k de Padrón me meteou case 1 minuto, así que xa teño xoguete novo, ala a seguir a G. ata onde poidas, se o vas seguindo será unha boa carreira.

Chegamos ás primeiras costas sube-baixa...non son moi duras, pero é un perfil rompepernas, sube, baixa, sube, baixa, sube, sube...empezo a pasar a algún, pero pouca cousa así que entro en modo "aforro de enerxía", ímos rematar a primeira volta e despois xa veremos que facer. O único obxectivo que G. non se vaia demasiado, de momento anda ahí diante, coma eu, a tiróns sen moito xeito.
Máis ou menos no km. 4 saímos a estrada xeral, o paso por meta está ó lonxe pero vese ben cal é...hai que ben, alegría inmensa o meu perfil favorito...bo firme, recta e que pica para arriba pero un pouquiño...recoñezo que eses ritmos "sostidos" son os que máis me gustan...levo diante un grupiño de 3+1 e diante deles o ínclito G. Como teño forzas voulles recortando pouco a pouco, entre cada farola vou contando os segundos que pasan e sei que os vou coller antes do primeiro paso por meta, mentres G. ó seu, turrando para adiante, con estilo, con clase, está enteiro e non mira nin unha vez para atrás...Vai ben!, -penso. Pero tamén é certo que lle vou recortando...por meta xa pasamos él diante e eu detrás...hai auga, paso, non teño sede ningunha...coidado agora, xa sabes como é, empezamos a segunda volta, pero se queres coller a G. aproveita ó final nese último km. que che gusta...
De momento, non hai moito que contar, o mesmo de antes, sube, baixa, sube, baixa...a maior parte da carreira en solitario (éramos moi pouquiños participantes), pero lembrádesvos do grupo de 3+1...pois no km 8. pásanme de novo, así como sen querer...mentirosos do carallo non me dixestes que íades facer a carreira a 4.20...non, sí pero e que nos atopamos ben, e tal e cual e pascual...cando aprenderei que somos uns mentireiros do carallo.
En fin, este grupo pasa tamén a G. pero el á súa bola, con estilo e sen mirar para atrás, nin sequera nos xiros que todos facemos o momento "mirada de galiña", vamos que miramos así sen que se note, sen mover a cabeza, pero levamos case os ollos ata os hombros...e así chegamos ó último km, outra vez o meu perfil favorito...comezo a apretar, pero o cabrón de G. tamén e segue sen mirar para atrás...a estas alturas sei que me está a escoitar é imposible que non oia as pisadas, ou a respiración...eu si miro cara atrás e confirmo que o seguinte está aló onde da a volta o aire, ou sexa, no quinto carallo...confirmo iso ou a miña miopía que todo pode ser...pero o certo e que tamén me empeza a chegar...sego recortándolle pero creo que desta non vai ser...quedán uns 100 metros e só 2 escenarios posibles,sí, efectivamente, como en Matrix, pero eu decido coller a "pastilla vermella". A opción de facer un sprint e entrar cual Rocky Balboa pasándoo nos últimos metros non é segura, él vai apretar tamén e vai ser nadar para morrer na beira...lembra, vacatola, "corre e deixa correr", segues deixando o crono na mochila por imperativo post-maratón, ergo, senón fuches que de pasalo en toda a carreira non vas a aprobar o exame, así no último momento...ó final, sácame 2 segundos.
Eu contento, G. reventado, reventado, reventado que ata se me ten que sentar nunha silla, agora en serio, estás ben? un amable membro do staff (vamos que lle puxeron un chaleco reflectante e xa) nos comina a que nos movamos que, ahí, non podemos estar! amablemente tamén o mandamos a tomar polo cú! e G. continúa na silla...así que recupera e vexo que todo foi un susto, comezo o vacile: "foder G. se o chego a saber apretaba algo máis...rímonos e por fin marchamos...atópome co primeiro desertor en chegar, está como se se acabase de erguer da cama, ten cara de non ter sufrido nada e sei que se meteu no top-ten...o rato chega o terceiro dos desertores...non trae boa cara...uns días despois unha analítica explica esas malas sensacións "anemia do corredor", pois nada meu a recuperarse.
E agora qué? marchamos para á casa? Síiii que hai que ver o partido!...pero qué partido, se o dépor xoga mañá!!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4733 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2014, 21:23
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

enhorabuena por tus grandes ultimas cronicas juanjo,y por cierto,si G es G,yo soy X ? jajajaja

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Adroq

Maratoniano
Maratoniano
27/06/10
5 Carreiras
765 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2014, 21:43
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)

Me gusta mucho tu estilo narrativo, Vacatola. Ríndose Ríndose
Por mi parte, poco más que añadir. Carrera gratuita, pero muy bien organizada y con bonito ambiente. Correcto avituallamiento, tanto en carrera como al final. Y hasta nos dieron medallita finisher, gesto que un paquete como yo que seguramente nunca subirá a un podio agradece. Angel

En cuanto al perfil, como ya dijeron antes, un poco rompepiernas y durilla, o al menos a mí me lo pareció, pero claro, estoy en baja forma y cualquier pendiente ya me parece una subida a los Alpes. Muerto

¿Es cierto que toca esperar 16 años para volver a correr en Mazaricos? Qué pena. Sé que es complicado, sin embargo, y como dice Maxi, espero que el ayuntamiento local se anime y la organice por su cuenta. La carrera tiene buena pinta.

Como siempre, un placer coincidir con Vacatola, Secaiv, Pedralonga, Maxi, Papero y los demás compañeros de siempre.

¡Hasta la próxima!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos