Mar, 27 Mai 2014, 21:16
Asunto: Re: VIII Carreira Popular Costa da Morte-Mazaricos (24/5/14)
Ben, a verdade e que últimamente estanse pondo de moda as carreiras sen fotos. Alomenos así foi en Ordes e a pasada fin de semana en Mazaricos. Ademáis, tamén están os foros un pouco parados, así que ímos darlle un empuxonciño ó fío da carreira do Correo na Costa da Morte, a ver se desta arrancamos algún sorriso e de paso cae algún comentario.
Empezamos co ñam-ñam cedo que disque hai que correr. Así que veña algo lixeiro, fígado encebolado e arroz, un par de cafeses e arrancando que é moita hora. Desta vez ímos 3 desertores no vacamóvil, a fotógrafa oficial do equipo e un novo acompañante. Feita a recollida e con certa prudencia polo novo avechucho que nos acompaña, ímos descubrindo as nosas cartas: -alguén sabe como é a carreira?, pois non, isto de repetila cada 17 anos (cada ano hai unha edición nun dos 17 concellos da Costa da morte) non facilita moito a labor. -Eu vina no striviu e penso que hai algunha costiña!!!...eu non a vin no striviu pero vin que no foro nin Cristo contestou ó de cómo é o perfil? ergo, debe de ser a ostia e algo máis (hala, xa me vexo en Moeche outra vez)...doume conta de que son as 3.45 é a hora de se dopar. Métome un antibiótico para un flemón...antibiótico, figado encebolado, calcentíns do día anterior dados a volta, camiseta de algodón, decátome de que son un auténtico atleta...que digo atleta, un runner en toda regla!!!
En fin, tiramos de vacamóvil e chegamos a Carballo...ei...parón que hai proba ciclista, veña, ahí vai a miña credibilidade como chófer, chegamos as 17:15 a Mazaricos, hora límite, quen necesita calentar con este estrés !!!
Recollemos o dorsal e deciden restituirme parte da miña credibilidade choferística...hai algo de retraso, ides saír as 6...vedes, xavolodecíaeu.com
-E a carreira como ven sendo? Pois nada, subes por acó, baixas por alá, das acolá a volta e así...ajá, moi bien, moi bien que non me enterei de nada.
Saímos, somos pouquiños, será o efecto final de champions?...será. O caso é que empezamos xa cun bo ostión, subidón que te cagas...total que os 150 metros empezan a caer os primeiros miuras...xa volo dicía eu, que para arriba non axuda nin dios...xiramos e baixamos e xiro...e que? que fago eu, somos pouquiños...referencias? nin a primeira. Levamos un 1 km e vexo ás máquinas hai diante...fenómeno que son!!!...hai non que a maior parte é costa abaixo...ouuuuh. En fin, vexo a G. que no 10 k de Padrón me meteou case 1 minuto, así que xa teño xoguete novo, ala a seguir a G. ata onde poidas, se o vas seguindo será unha boa carreira.
Chegamos ás primeiras costas sube-baixa...non son moi duras, pero é un perfil rompepernas, sube, baixa, sube, baixa, sube, sube...empezo a pasar a algún, pero pouca cousa así que entro en modo "aforro de enerxía", ímos rematar a primeira volta e despois xa veremos que facer. O único obxectivo que G. non se vaia demasiado, de momento anda ahí diante, coma eu, a tiróns sen moito xeito.
Máis ou menos no km. 4 saímos a estrada xeral, o paso por meta está ó lonxe pero vese ben cal é...hai que ben, alegría inmensa o meu perfil favorito...bo firme, recta e que pica para arriba pero un pouquiño...recoñezo que eses ritmos "sostidos" son os que máis me gustan...levo diante un grupiño de 3+1 e diante deles o ínclito G. Como teño forzas voulles recortando pouco a pouco, entre cada farola vou contando os segundos que pasan e sei que os vou coller antes do primeiro paso por meta, mentres G. ó seu, turrando para adiante, con estilo, con clase, está enteiro e non mira nin unha vez para atrás...Vai ben!, -penso. Pero tamén é certo que lle vou recortando...por meta xa pasamos él diante e eu detrás...hai auga, paso, non teño sede ningunha...coidado agora, xa sabes como é, empezamos a segunda volta, pero se queres coller a G. aproveita ó final nese último km. que che gusta...
De momento, non hai moito que contar, o mesmo de antes, sube, baixa, sube, baixa...a maior parte da carreira en solitario (éramos moi pouquiños participantes), pero lembrádesvos do grupo de 3+1...pois no km 8. pásanme de novo, así como sen querer...mentirosos do carallo non me dixestes que íades facer a carreira a 4.20...non, sí pero e que nos atopamos ben, e tal e cual e pascual...cando aprenderei que somos uns mentireiros do carallo.
En fin, este grupo pasa tamén a G. pero el á súa bola, con estilo e sen mirar para atrás, nin sequera nos xiros que todos facemos o momento "mirada de galiña", vamos que miramos así sen que se note, sen mover a cabeza, pero levamos case os ollos ata os hombros...e así chegamos ó último km, outra vez o meu perfil favorito...comezo a apretar, pero o cabrón de G. tamén e segue sen mirar para atrás...a estas alturas sei que me está a escoitar é imposible que non oia as pisadas, ou a respiración...eu si miro cara atrás e confirmo que o seguinte está aló onde da a volta o aire, ou sexa, no quinto carallo...confirmo iso ou a miña miopía que todo pode ser...pero o certo e que tamén me empeza a chegar...sego recortándolle pero creo que desta non vai ser...quedán uns 100 metros e só 2 escenarios posibles,sí, efectivamente, como en Matrix, pero eu decido coller a "pastilla vermella". A opción de facer un sprint e entrar cual Rocky Balboa pasándoo nos últimos metros non é segura, él vai apretar tamén e vai ser nadar para morrer na beira...lembra, vacatola, "corre e deixa correr", segues deixando o crono na mochila por imperativo post-maratón, ergo, senón fuches que de pasalo en toda a carreira non vas a aprobar o exame, así no último momento...ó final, sácame 2 segundos.
Eu contento, G. reventado, reventado, reventado que ata se me ten que sentar nunha silla, agora en serio, estás ben? un amable membro do staff (vamos que lle puxeron un chaleco reflectante e xa) nos comina a que nos movamos que, ahí, non podemos estar! amablemente tamén o mandamos a tomar polo cú! e G. continúa na silla...así que recupera e vexo que todo foi un susto, comezo o vacile: "foder G. se o chego a saber apretaba algo máis...rímonos e por fin marchamos...atópome co primeiro desertor en chegar, está como se se acabase de erguer da cama, ten cara de non ter sufrido nada e sei que se meteu no top-ten...o rato chega o terceiro dos desertores...non trae boa cara...uns días despois unha analítica explica esas malas sensacións "anemia do corredor", pois nada meu a recuperarse.
E agora qué? marchamos para á casa? Síiii que hai que ver o partido!...pero qué partido, se o dépor xoga mañá!!!