Ven, 23 Mai 2014, 8:16
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Ánimo ó organizador desta carreira. Coido que moitos foron os factores, alleos todos eles á organización, que fixeron que tivese pouca asistencia á esta carreira. O partido, a calor e coido que a celebración da carreira de Outes tamén lle quita asistencia, e a carreira do día seguinte na Curota tamén influe.
Xa sei que sería un tema espiñoso, pero pensouse a posibilidade de cambio de data desta carreira?, meses coma xaneiro e febreiro son meses pobres en carreiras. Inda que recoñezo a min non me parece mala data a que xa ten.
Esta carreira ten moito potencial, unha boa distancia, un percorrido que non é duro pero si moi ameno, eunha gran organización. Coido que se tendes paciencia, verede-la recompensa a tódolos vosos esforzos.
Agardo o mellor, e adestro pro peor.