Mér, 16 Abr 2014, 13:50
Asunto: I Corre-Teo Carreira Pedestre Solidaria (31/05/14)
INSCRIPCION AMPLIADA HASTA EL JUEVES A LAS 23:00 HORAS!!!
OS ESPERAMOS!!!
A Carreira:
Esta carreira nace dun proxecto de fin de curso dos alumnos do Ciclo Medio de Actividades Físico-Deportivas do IES Pintor Colmeiro (Silleda).
O obxetivo é poñer en práctica a creación dun evento deportivo, neste caso unha Carreira Pedestre de carácter solidario, polo que os beneficios que obteña esta carreira por medio das inscripción dos participantes e pola aportación de patrocinadores será destinada a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade de Teo (ASPAMITE).
Anímate e corre por unha boa causa!
CATEGORÍA ABSOLUTO/VETERANO
Trátase dun trazado de 7.900 metros.
A súa saida será dende o CEIP da Ramallosa (Teo).
Á saída do Centro Escolar xiraremos cara a dereita pola estrada exterior do propio muro do colexio e continuaremos por esa estrada ata a intersección da vía que vai dende A Ramallosa cara Vilariño.
Xiraremos á esquerda e continuaremos en dirección Vilariño ata chegar ao desvío á dereita cara Pite.
Continuaremos por esa estrada ata chegar á intersección coa AC-841 Santiago-A Estrada no seu paso por Chao do Rio. Neste punto atravesaremos o vial para continuar por unha estrada secundaria que nos levará ata Sestelo.
Dende aquí colleremos a estrada que nos levará ata o vial de A Ramallosa-Luou.
Xiraremos cara a dereita e continuaremos nesa mesma dirección cara a Casa do Concello, lugar onde estará situada a Meta.
´
CATEGORÍA ESCOLAR
O circuito escolar estará situado dentro do recinto do CEIP da Ramallosa (Teo) no que os nenos e nenas participantes terán que completar tres voltas a un circuito previamente delimitado pola Organización ata completar o 1.000 metros aproximadamente.
Somos todos rapaces novos que apostamos polo deporte, toda a informacion encontraredela en:
www.correteo.tk
ou en:
www.facebook.com/CORRETEO2014
INSCRIPCIONES EN :
emesports.es/project/i...aria-2014/
Un saludo, os esperamos!!!
Última edición por kunko o Lun, 26 Mai 2014, 14:32; editado 2 veces