Lun, 05 Mai 2014, 13:24
Asunto: Re: hernia discal L5-S1
Hoxe voltei a correr, foi dispois de moitos meses; 6 meses. Desde Outubro, casi de un día para outro, teño a famosa hernia discal L5-S1. Un mes de moita dor, moita moita dor. Dous meses con unha dor controlada e a partir de Xaneiro, lenta e paulatinamente a mellor.
Antiinflamatorios, calmantes, noites sin dormir; moitas noites sin dormir por culpa da dor; desesperación, tristeza.......e sempre a mesma palabra no boca dos médicos, ¡paciencia!.
Dispois de traumatólaga, probas, diagnóstico, medicación, osteopata, maxasista, todo sempre con moitas dosis de dor, un día unha decisión, a determinación de escomenzar a facer algo para axudar a recuperación.....tentar relaxarme o máximo posible; ¡uuuffff! non é doado. Escomencei tomando baños de auga quente e relaxandome todo o que podía. Dispois atopei a unha fisioterapeuta que me foi barbaro; descubrín que Deus é do sexo femenino, non podía ser de outra maneira; que mans e que bo facer. Moita melloría con esa rapaza e desde esa, piscina, suave, pero piscina, e jacuzzi que me foi moi ben, e rehabilitación, seguindo ca fisio, e cada vez mellor, e sauna, e dar un paseo, e pouco a pouco, casi sin notalo, cada día un pouco mellor e pasaron seis meses.......e dispois de escomencar na piscina andando ou nadando 200 mts cheguei a facer 2000 mts casi sin dor e hoxe, hoxe fun correr. Foi unha hora, e usando unha faixa, foron uns 7 kms aproximadamente, e non fun solo, veu a hernia conmigo porque disque esta veu para quedarse, pero hoxe gañei eu, mañan xa veremos, pero esta alegría, a que teño agora mesmo, xa non ma quita esta puta hernia.