Dom, 27 Set 2009, 0:04
Asunto: CIRCUITOS DE TRAIL CERCA DE PONTEVEDRA.
Hola:
eu non podo correr por asfalto porque me machaca así que xa teño un monte de circuitos por fóra do asfalto. A verdade é que correr por onde andan os coches é un pouco masoca, ademáis, baixo o meu punto de vista, onde realmente se disfruta de facer deporte é en contacto coa natureza e fóra de onde hai moita xente, moito ruído e tráfico. Por todo isto e unha vez que non queda moito tempo para colle-lo coche e marcar fóra da cidade hai que buscar lugares preto da urbe e a verdade é que hai moitos. Ireivos contando os lugares onde eu saio a correr por se a algún lle interesa, incluso se alguén quere vir conmigo eu, encantado. Cando aprenda a enviar imaxes enviarei o percorrido rexistrado polo reloxio co gps no google earth ou fotos.
CIRCUITO Nº 1. "SENDEIRO DO RÍO GAFOS"
Moi sinxelo de dar con el. Vai dende Pontevedra ata Tomeza e o regreso é polo mesmo sitio de ida. Comeza nos xardíns de Campolongo, preto da estación de tren hai que saír á beirarúa para dirixirse ó tunel en que a estrada para por debaixo da vía do tren a carón do albergue de peregríns.
A dereita dese tunel comeza o sendeiro que descorre paralelo ó río ata chegar Tomeza. Vai variando de marxe segundo circulamos río arriba ata chegar á zona de Tomeza, onde remata o sendeiro e dende onde podemos dar volta cara o punto de inicio. É completamente chairo, bo piso, aínda que se circula por un sendeiro estreito de terra e o tempo podémolo calcular nós mesmos, dado que cando queremos damola volta e regresamos.
A paisaxe é moi bonita, pasa por bosques e veigas de cultivo, atravesa o río por pequenas pontes. Característica é que non hai ningunha fonte no percorrido, só no comezo no parque situado detrás do Ximnasio Budo.
Un saúdo.