Lun, 26 Mai 2014, 15:48
Asunto: Re: V Carreira do Espiritu Santo, Muros. (25/05/2014)
Gracias a todos os que vos acercastes onte a Campo de cortes a correr a nosa carreira popular, e gracias os que neste os noutros foros deixades a vosa opinión sobre a mesma.
A clasificación enviarase hoxe a correr en Galicia, e supoño que nos próximos días estará publicada.
O tema do cronometraxe electrónico, do que fala Carlosescu, seguro que estaría ben, e quitaríanos algún que outro problema de enriba, pero cos recursos que contamos é complicado ofrecer moito máis do que ofrecemos, e seguramente en próximas edicións sigamos collendo os tempos "a man".
E sobre o tema da participación, da que algúns falades, supoño que seran moitos os factores...as eleccións, a cantidade de carreiras que temos en Galicia, a dureza do recorrido, que Muros queda na casa da collona, que leves varios meses traballando sobre unha fecha, e que 20 días programen a carreira da Costa do morte no mesmo fin de semana e a 15 km de distancia, a final da champions...
A ver si para vindeiras edicións eliximos mellor a fecha, e todo o esforzo que dende a A.C.R.D o Rumial facemos para que esta carreira sexa atractiva para os corredores se ve recompensado.