Dom, 01 Xuñ 2014, 15:59
Asunto: Re: Maratón de Vigo
DoctorSlump escribió: |
Mientras iba padeciendo el calor hoy en Beade me acordé de vosotros: a mí un maratón en junio me parece una barbaridad. Mis dos centavos. |
Outro que esta mañán cando corría a carreira de Zas, (zona Centro da provincia da Coruña). Pensaba que era unha tolemia facer unha maratón no mes de Xuño en Vigo ainda que empece as 08:30, 3 horas de carreira son as 11:30. ¿Cántos baixan de 3 horas?
Eu as veces que corrín en Vigo, basicamente Vig-Bay predominou o bo tempo con días de bastante calor nos meses de Marzo Abril (9 edicións consecutivas ata agora) e as 2 Medias de Vigo mediados de Maio, calor nas 2, máis o ano pasado.
Contando que posiblemente non sexa chanciño, para auténticos sufridores do asfalto.
Eu creo que a millor data, sería Outubro/Novembro, xa que en Abril hai a Maratón de Coruña, unha proba que parece que se está empezando a consolidar, cun bo nº de participantes.
E algúns poderían plantearse correr os 2 maratóns. En Abril e Xuño/Febreiro poucos se atreverían a correlos, ainda que algúns fixo que o farían.
Lendo as crónicas da maratón de Coruña deste ano, sorprendeume o alto nº de xente que tivo problemas, e moitos chegaron a andar nalgúns momentos, como faga un día de calor, nos derradeiros Kms eso pode ser unha camiñata en vez dunha maratón.