Mér, 04 Xuñ 2014, 11:48
Asunto: I Carreira da Memoria Poio-Gran Premio CC A Barca (21/06/14)
Abro aquí este hilo porque creo que no se ha hablado de esta nueva carrera.
www.championchipnorte....cc-a-barca
Copio el reglamento:
Carreira da Memoria POIO 2014 – Gran Premio C.C. A BARCA
PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de POIO e DSPORT-EVENT AD organizan o sábado 21 de XUÑO de 2014, a partir das 20,00 horas, a “I Carreira da Memoria Poio 2014 – Gran Premio C.C. A BARCA”, co patrocinio do Centro Comercial A Barca.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.500m aprox.
Junior De 18 a 19 1996 – 1995 8.000m
Promesa De 20 a 22 1994 – 1993 e 1992 8.000m
Sénior De 18 A 34 1991 ata 1979* (34 anos) 8.000m
Veteranos/as 1 De 35 A 44 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 2 De 45 A 54 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 5 De 55 A 64 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 7 De 65 En diante Cumpridos o día da proba. 8.000m
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar
estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por
causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e
adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
Carreira da Memoria POIO 2014 – Gran Premio C.C. A BARCA
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de
saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no
evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe
previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte
dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a
cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se
desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo
dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu
DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia,
neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as
23:59 horas do MARTES 17 XUÑO (O MARTES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin
inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web
www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil,
Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante a tarde do venres día 20 de Xuño, de 17:00 a 21:00 no “Centro Comercial A Barca”.
2.- o mesmo día da carreira, sábado 21 Xuño, dende ás 10.00h ata media hora antes do comezo
de cada proba (ata as 20.00 horas), no “Centro Comercial A Barca” facilitando o nome do/a
participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.
Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones