Lun, 16 Xuñ 2014, 20:30
Asunto: Re: XI Medio Maraton Ponferrada
Xa de volta de Ponferrada. Unha nova media que añadir a colección.
Respecto a organización en si da carreira, moi ben. Pero o que comentabades os que xa a corredares cando era nocturna, o encanto da carreira era ese; facela pola noite e no mes de Xullo.
O percorrido, saida os pes do Castelo, pequena volta polo centro histórico, e baixada a carón do Castelo, para ir para a zona nova da cidade, e despois un percorrido por amplias avenidas con animación cero o día non acompañaba moitísima calor.
Ao final só eramos 158 inscritos e remataron 131 (deles 23 galegos), comentario máis oido antes, durante e despois da carreira por outros corredores, que foi un erro o cambio de horario.
Respecto a miña carreira, o día anterior, xa papara unha boa ración de sol, xa que fixemos unha visita as Médulas as 16:30 cunha duración dunhas 3 horas. E vendo que as 09:45 xa había 22º (ao remate habia 29º). Decidin tomalo con calma.
Saín suaviño, da metade máis ou menos e fun adiantado nos primeiros Kms. por bastantes corredores, eu ia sobre 4'27". Un ritmo que fun levando bastante homoxeneo e adiantando a bastante xente, xa que non ten caseque costas, as poucas que hai son tendidas, pero no avituallamento do Km 15 decidín baixar o ritmo, xa que o corpo me pedía unha tregua.
Ao final xa nas pistas de atletismo, incrementei o ritmo para baixar de 1h36', polo meu crono 1h35'52 e posto 49.
Se a volven a facer nocturna, non descarto correla novamente, xa que pasamos unha fin de semana moi bonita pese ao calor reinante. (queda pendente a visita ao val do silencio e Peñalba).