Lun, 09 Xuñ 2014, 13:37
Asunto: Re: III Eurocidade 10 (8Xuño2014)
En primeiro lugar, e no nome de todos os que fixeron posible esta carreira, moitas grazas polos vosos comentarios. Eu, que tamén disputei a carreira, quedei tamén encantado co traballo dos meus compañeiros do club e demais voluntarios.
Cita: |
Una cosa, porque hay un desfase del tiempo de las clasificaciones con el del cronómetro de meta?
Es que viendo el vídeo de la llegada el tiempo del cronómetro es 20 seg menos que el de la clasificación...
Será xq lo pusieron tarde al salir?? |
Efectivamente, o tempo que marcaba o crono de meta non era o correcto. Eu cando cheguei e mirei un tempo de 38:45 estaba supercontento de baixar non so de 40 que era o meu obxectivo senón tamén de 39. Pero cando mirei no me reloxo xa me din conta de que algo non cuadraba, o que confirmaron varios compañeiros. Non cheguei a comentar nada coa xente de championchip porque pouco despois pasaron unha primeira clasificación provisional e o tempo xa estaba corrixido coincidindo co tempo que eu tiña.
Por outro lado, puxen a clasificación tamén na web do club, incluíndo o paso intermedio e unha estimación da posición.